Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48471

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2018 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobadas mediante a Resolución do 10 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR604A).

As novas economías baseadas no coñecemento e favorecedoras da sustentabilidade teñen un rol protagonista na Estratexia Europa 2020, a estratexia de crecemento intelixente para Europa que establece as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e a accesibilidade á banda larga como uns dos elementos facilitadores do dito crecemento.

No contexto da Estratexia Europa 2020, a Axenda dixital para Europa establécese como marco en que acadar en 2020 un acceso xeneralizado á internet a velocidades de, polo menos, 30 Mbps e que a metade dos cidadáns teñan contratados servizos de, polo menos, 100 Mbps.

A nivel estatal, o Goberno de España aprobou no ano 2013 a Axenda dixital para España como marco de referencia para establecer unha folla de ruta en materia TIC e de Administración electrónica articulando a estratexia nacional para acadar os obxectivos da Axenda dixital para Europa.

Así mesmo, a Xunta de Galicia aprobou o 30 de abril de 2015 a Axenda dixital de Galicia 2020; que toma como punto de partida os esforzos realizados nos catro últimos anos a través da Axenda dixital de Galicia 2014.gal. A aprobación da Axenda dixital de Galicia 2020 veu precedida da aprobación da Estratexia galega de crecemento dixital, reafirmando que as novas tecnoloxías constitúen unha prioridade estratéxica vital para a competitividade de Galicia.

No entanto, debido ás características do tecido produtivo galego, moi disperso xeograficamente e no que predominan as pequenas empresas, existen barreiras á contratación de servizos axeitados de banda larga ultrarrápida, o cal deriva en problemas de competitividade e a perda gradual de oportunidades de emprego. Esta problemática do acceso desigual á banda larga ultrarrápida entre o tecido produtivo galego require da articulación de medidas específicas que atallen a situación.

O Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020) aprobado o 1 de outubro de 2015 polo Consello da Xunta de Galicia, coa visión posta en dar cumprimento ao obxectivo que establece a Axenda dixital de Galicia 2020 para impulsar un modelo de crecemento vencellado á economía dixital, prevé o impulso de medidas que faciliten a extensión da banda larga ultrarrápida especialmente nas zonas máis illadas.

Facilitar a contratación de servizos axeitados de banda larga ultrarrápida actuará como elemento tractor para avanzar en Galicia na transformación dixital do tecido produtivo, un factor fundamental para lograr un mellor posicionamento competitivo pola vía de incorporar as novas tecnoloxías nos procesos operativos e de negocio para que as empresas sexan máis eficientes e permitan crear novas oportunidades.

De feito, a tendencia das tecnoloxías de nova xeración que están revolucionando os procesos empresariais tradicionais (a computación na nube, a impresión 3D, as máquinas intelixentes, internet das Cousas, Big Data, etc.), exixe non só un servizo sen fisuras en toda a Comunidade, senón tamén un maior largo de banda.

Dada a importancia da accesibilidade das empresas á banda larga ultrarrápida, con data do 8 de abril de 2016 ditouse resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia (procedemento administrativo PR603A, DOG núm. 77, do 22 de abril). Estas axudas, pensadas para que os principais centros empresariais de Galicia teñan banda larga ultrarrápida, complementaranse para chegar ás empresas illadas, entre outras medidas, polas convocatorias de axudas directas a empresas illadas para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.

Así mesmo, e como antecedente directo da presente convocatoria, con data do 10 de marzo de 2017 ditouse resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento administrativo PR604A, DOG núm. 55, do 20 de marzo). As bases reguladoras aprobadas na dita resolución seguen a ser de aplicación para a presente convocatoria, xunto coas modificacións que se aproban coa presente resolución. Estas modificacións das bases reguladoras veñen fundamentadas pola posibilidade de que varias empresas illadas das redes, pero próximas entre elas, poidan presentar unha solicitude en agrupación, que lle permita unha diminución dos custes individuais cunha mellor eficiencia na xestión dos fondos públicos.

Tamén cómpre aclarar nas bases a circunstancia da non subvencionalidade de solicitudes de conectividade ubicadas en entidades singulares de poboación que xa contan con outras iniciativas de conectividade que se están a financiar con fondos públicos, tales como as correspondentes coa Resolución do 11 de xaneiro de 2018, da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A, DOG núm. 10, do 15 de xaneiro).

Estas medidas ampáranse no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado pola Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018, a cal prevé actuacións encamiñadas a axudas directas á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida dentro da medida 7 de apoio aos servizos básicos e renovación da poboación rural, na submedida 7.3. de apoio ás infraestruturas de banda larga. Así mesmo, estas medidas están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración xeral do Estado.

As subvencións que se concedan ao abeiro desta convocatoria articularanse coma axudas de minimis ao abeiro, segundo o sector da actividade subvencionada, do Regulamento (UE) 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE ás axudas de minimis no sector agrícola e do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE) ás axudas de minimis para os restantes sectores de actividade.

Esta convocatoria tramítase como anticipada de gasto, de acordo coa Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, e co establecido no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2019, aprobado polo Consello da Xunta na súa reunión do 18 de outubro de 2018, na cal se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria

1. Por medio desta resolución convócanse a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, modificado tras a Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018 (procedemento administrativo PR604A), para o exercicio 2019.

2. As bases que rexerán esta convocatoria establécense na Resolución do 10 de marzo de 2017, da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procedeu a súa convocatoria para o ano 2017 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), xunto coas modificacións que se aproban na disposición derradeira primeira desta resolución.

3. En todo o non disposto expresamente nesta resolución, en cumprimento do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estarase ao disposto na Resolución do 10 de marzo de 2017, da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG núm. 55, do 20 de marzo).

Artigo 2. Solicitudes

1. O prazo para a presentación das solicitudes fíxase desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 31 de xaneiro de 2019.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Cada solicitude deberá facer referencia á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida nunha única localización xeográfica (nave industrial, edificio, oficina...) da empresa, agás no caso de solicitudes en agrupación que se permite unha ubicación por cada unha das empresas que forman a agrupación. Se unha mesma empresa desexa solicitar subvencións para diferentes localizacións xeográficas, deberá presentar unha solicitude por cada unha desas localizacións.

4. O feito de non se axustar aos termos das bases reguladoras e da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. As solicitudes presentadas por agrupacións deberán achegar xunto coa solicitude as declaracións das empresas integrantes da agrupación que figuran como anexos II e III desta resolución.

Artigo 3. Procedemento de concesión

1. Unha vez terminado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

2. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificala aos interesados será de nove (9) meses contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. Transcorrido o prazo sen ditar resolución expresa, os interesados poderán entender como desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, de conformidade co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Ámbito xeográfico

O ámbito xeográfico corresponderase coas zonas obxectivo indicadas no anexo IV.

Artigo 5. Ámbito temporal

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados na data límite de xustificación que é o 31 de outubro de 2019.

Artigo 6. Crédito

1. Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria de 600.000,00 € que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019. Este orzamento execútase dentro do código de proxecto 2016 00001 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Esta convocatoria tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto e ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro de 2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2019. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

2. Segundo o disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a dotación orzamentaria poderase incrementar sen que se realice unha nova convocatoria, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,50 % pola Xunta de Galicia no marco da submedida 7.3. de «apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular a súa creación, mellora e ampliación, as infraestruturas de banda larga pasivas e a oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica» do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Artigo 7. Intensidade da subvención

1. Os solicitantes deberán indicar no anexo I a porcentaxe de subvención que solicitan sobre os gastos subvencionables, o que será valorable de conformidade co disposto no artigo 19 das bases reguladoras.

2. A intensidade da subvención que se poida conceder a cada beneficiario coincidirá coa indicada na súa solicitude cun máximo de 20.000 € de subvención por proxecto subvencionado e beneficiario, sen menoscabo das limitacións adicionais que estableza o marco normativo de aplicación. Os proxectos subvencionados pertencentes a agrupacións de empresas tamén estarán limitados a este importe máximo por proxecto.

Artigo 8. Realización do proxecto subvencionado e xustificación da súa realización

1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2019.

2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse ata o 31 de outubro de 2019.

3. En todo caso, a execución de investimentos por un solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que o solicitante non resulte beneficiario.

Artigo 9. Información para as persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código PR604A, poderá obterse documentación normalizada ou información adicional na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través das seguintes canles:

1. Páxina web: http://amtega.xunta.gal/

2. O teléfono: 981 54 55 35.

3. O enderezo electrónico: amtega@xunta.gal

4. Presencialmente.

5. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia (012 ou 902 12 00 12 se chama desde fóra de Galicia).

Disposición adicional primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, deberase transmitir á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia –Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia– coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición transitoria única. Efectividade da modificación das bases aprobadas a través da Resolución do 10 de marzo de 2017 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017

A modificación das bases, segundo o disposto na disposición derradeira primeira desta resolución, será efectiva para as solicitudes que se presenten ao abeiro da convocatoria para o exercicio 2019 que dispón o artigo 1.

Disposición derradeira primeira. Modificación das bases aprobadas a través da Resolución do 10 de marzo de 2017 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017

Modifícanse as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, aprobadas por Resolución do 10 de marzo de 2017 (procedemento administrativo PR604A, DOG núm. 55, do 20 de marzo), que quedan modificadas como segue:

Un. O artigo 4, Requisitos das persoas solicitantes, queda redactado do seguinte modo:

«Artigo 4. Requisitos das persoas solicitantes:

1. Poderán solicitar e beneficiarse das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, de xeito individual as empresas privadas, xa sexan persoas físicas que realicen actividade económica ou persoas xurídicas legalmente constituídas, así como as agrupacións de empresas privadas que acrediten, coa solicitude de subvención, o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.

b) Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), estando polo tanto illada das redes que prestan estes servizos.

c) Non estar situada a empresa dentro dun polígono industrial ou dentro dunha entidade singular de poboación que xa conte con acceso a redes de banda larga ultrarrápida ou que dispoña de plans de despregamento en curso para estas redes, debendo estar polo tanto a empresa illada destas redes.

Especialmente, consideraranse polígonos con plans de despregamento en curso aos polígonos beneficiados ao abeiro da Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A, DOG do 22 de abril de 2016).

Especialmente, consideraranse entidades singulares de poboación con plans de despregamento en curso a aquelas entidades beneficiadas ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2018, da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A, DOG núm. 10, do 15 de xaneiro de 2018).

d) Solicitar e obter tres ofertas, como mínimo, de diferentes provedores de acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, agás que polas especiais características dos gastos ou a localización en que se pretende levar a cabo o proxecto non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

2. No caso de solicitude presentada por unha agrupación sen personalidade de empresas privadas, sexan persoas físicas ou xurídicas, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En todo caso, deberá nomearse un líder que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.

As agrupacións rexeranse por calquera instrumento xurídico válido en dereito que as regule, onde se acredite un acordo de vontades de todas as empresas participantes na agrupación, e con carácter previo ao remate do prazo de presentación de solicitudes que fixe a convocatoria. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, e un dos socios, o líder, asumirá a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante a Administración, o cal deberá constar expresamente no instrumento xurídico válido que se realice para ese efecto. O líder presentará a solicitude e, de ser o caso, recibirá a subvención concedida e será o responsable da súa distribución entre os socios participantes, de acordo coa repartición establecida no orzamento aprobado na resolución de concesión da subvención, conforme os seus compromisos de participación nel e coa resolución de pagamento tras a xustificación finalmente admitida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, agás as agrupacións xa indicadas, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro aínda que realicen actividade económica, nin as persoas físicas que non realicen actividade económica.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarios:

a) As persoas en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común».

Dous. O artigo 12, Comprobación de datos para a tramitación do procedemento, queda redactado no punto 1, do seguinte modo:

«1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos dos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.

b) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude e/ou, de ser o caso, da persoa solicitante. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).

c) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia».

Tres. Engádese un punto 1.bis no artigo 13, Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento, tal e como segue:

«1.bis. No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de empresas privadas, achegarase a seguinte documentación:

a) Declaración individual, de cada unha das empresas integrantes da agrupación, de conformidade de participación no proxecto e autorización a favor do representante da agrupación.

b) Declaración responsable, de cada unha das empresas integrantes da agrupación, das axudas de minimis, outras axudas solicitadas ou recibidas e cumprimento de requisitos para ser beneficiario.

c) Datos de localización da ubicación para a que se solicita a subvención en todas as empresas».

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Un. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Dous. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Lista de zonas obxectivo

A relación de zonas obxectivo recollidas na seguinte táboa resulta da aplicación da instrución número 1, do 23 de agosto de 2016, emitida pola Autoridade de Xestión do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 referida ao ámbito territorial do dito plan.

Provincia

Concello

Zonas obxectivo

A Coruña

Abegondo

Todo o concello

A Coruña

Ames

Todo o concello

A Coruña

Aranga

Todo o concello

A Coruña

Ares

Todo o concello

A Coruña

Arteixo

Todo o concello

A Coruña

Arzúa

Todo o concello

A Coruña

Baña, A

Todo o concello

A Coruña

Bergondo

Todo o concello

A Coruña

Betanzos

Todo o concello

A Coruña

Boimorto

Todo o concello

A Coruña

Boiro

Todo o concello

A Coruña

Boqueixón

Todo o concello

A Coruña

Brión

Todo o concello

A Coruña

Cabana de Bergantiños

Todo o concello

A Coruña

Cabanas

Todo o concello

A Coruña

Camariñas

Todo o concello

A Coruña

Cambre

As seguintes parroquias: Anceis (San Xoán), Andeiro (San Martiño), Brexo (San Paio), Bribes (San Cibrán), Cambre (Santa María), Cecebre (San Salvador), Cela (San Xulián), Meixigo (San Lourenzo), Pravio (San Xoán), Sigrás (Santiago), Vigo (Santa María)

A Coruña

Capela, A

Todo o concello

A Coruña

Carballo

Todo o concello

A Coruña

Carnota

Todo o concello

A Coruña

Carral

Todo o concello

A Coruña

Cedeira

Todo o concello

A Coruña

Cee

Todo o concello

A Coruña

Cerceda

Todo o concello

A Coruña

Cerdido

Todo o concello

A Coruña

Coirós

Todo o concello

A Coruña

Corcubión

Todo o concello

A Coruña

Coristanco

Todo o concello

A Coruña

Coruña, A

As seguintes parroquias: Elviña (San Vicenzo)

A Coruña

Culleredo

As seguintes parroquias: Castelo (Santiago), Celas (Santa María), Culleredo (Santo Estevo), Ledoño (San Pedro), Orro (San Salvador), Sésamo (San Martiño), Sueiro (Santo Estevo), Veiga (San Silvestre)

A Coruña

Curtis

Todo o concello

A Coruña

Dodro

Todo o concello

A Coruña

Dumbría

Todo o concello

A Coruña

Fene

Todo o concello

A Coruña

Ferrol

As seguintes parroquias: Brión (Santa María), A Cabana (Santo Antonio), Covas (San Martiño), Doniños (San Román), Esmelle (San Xoán), A Graña (Santa Rosa de Viterbo), Leixa (San Pedro), Mandiá (Santa Uxía), San Xurxo da Mariña (San Xurxo), Marmancón (San Pedro), Serantes (San Salvador)

A Coruña

Fisterra

Todo o concello

A Coruña

Frades

Todo o concello

A Coruña

Irixoa

Todo o concello

A Coruña

Laxe

Todo o concello

A Coruña

Laracha, A

Todo o concello

A Coruña

Lousame

Todo o concello

A Coruña

Malpica de Bergantiños

Todo o concello

A Coruña

Mañón

Todo o concello

A Coruña

Mazaricos

Todo o concello

A Coruña

Melide

Todo o concello

A Coruña

Mesía

Todo o concello

A Coruña

Miño

Todo o concello

A Coruña

Moeche

Todo o concello

A Coruña

Monfero

Todo o concello

A Coruña

Mugardos

Todo o concello

A Coruña

Muxía

Todo o concello

A Coruña

Muros

Todo o concello

A Coruña

Narón

As seguintes parroquias: Río do Pozo, Castro (Santa María), Doso (San Lourenzo), San Xiao de Narón (San Xiao), Pedroso (San Salvador), Sedes (Santo Estevo), Trasancos (San Mateo), O Val (Santa María a Maior)

A Coruña

Neda

Todo o concello

A Coruña

Negreira

Todo o concello

A Coruña

Noia

Todo o concello

A Coruña

Oleiros

As seguintes parroquias: Dexo (Santa María), Dorneda (San Martiño), Iñás (San Xorxe), Liáns (Santaia), Maianca (San Cosme), San Pedro de Nós (San Pedro), Oleiros (Santa María), Serantes (San Xián)

A Coruña

Ordes

Todo o concello

A Coruña

Oroso

Todo o concello

A Coruña

Ortigueira

Todo o concello

A Coruña

Outes

Todo o concello

A Coruña

Paderne

Todo o concello

A Coruña

Padrón

Todo o concello

A Coruña

Pino, O

Todo o concello

A Coruña

Pobra do Caramiñal, A

Todo o concello

A Coruña

Ponteceso

Todo o concello

A Coruña

Pontedeume

Todo o concello

A Coruña

Pontes de García Rodríguez, As

Todo o concello

A Coruña

Porto do Son

Todo o concello

A Coruña

Rianxo

Todo o concello

A Coruña

Ribeira

Todo o concello

A Coruña

Rois

Todo o concello

A Coruña

Sada

Todo o concello

A Coruña

San Sadurniño

Todo o concello

A Coruña

Santa Comba

Todo o concello

A Coruña

Santiago de Compostela

As seguintes parroquias: Aríns (San Martiño), Bando (Santa Eulalia), A Barciela (Santo André), Busto (San Pedro), O Carballal (San Xulián), O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima), Cesar (Santa María), Conxo (Santa María), O Eixo (San Cristovo), A Enfesta (San Cristovo), Fecha (San Xoán), Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina), Figueiras (Santa María), Grixoa (Santa María), Laraño (San Martiño), Marantes (San Vicente), Marrozos (Santa María), Nemenzo (Santa Cristina), Sabugueira (San Paio), Vidán (Divino Salvador), San Paio (Santiago), A Peregrina (Santa María), Verdía (Santa Mariña), Villestro (Santa María)

A Coruña

Santiso

Todo o concello

A Coruña

Sobrado

Todo o concello

A Coruña

Somozas, As

Todo o concello

A Coruña

Teo

Todo o concello

A Coruña

Toques

Todo o concello

A Coruña

Tordoia

Todo o concello

A Coruña

Touro

Todo o concello

A Coruña

Trazo

Todo o concello

A Coruña

Valdoviño

Todo o concello

A Coruña

Val do Dubra

Todo o concello

A Coruña

Vedra

Todo o concello

A Coruña

Vilasantar

Todo o concello

A Coruña

Vilarmaior

Todo o concello

A Coruña

Vimianzo

Todo o concello

A Coruña

Zas

Todo o concello

A Coruña

Cariño

Todo o concello

A Coruña

Oza-Cesuras

Todo o concello

Lugo

Abadín

Todo o concello

Lugo

Alfoz

Todo o concello

Lugo

Antas de Ulla

Todo o concello

Lugo

Baleira

Todo o concello

Lugo

Barreiros

Todo o concello

Lugo

Becerreá

Todo o concello

Lugo

Begonte

Todo o concello

Lugo

Bóveda

Todo o concello

Lugo

Carballedo

Todo o concello

Lugo

Castro de Rei

Todo o concello

Lugo

Castroverde

Todo o concello

Lugo

Cervantes

Todo o concello

Lugo

Cervo

Todo o concello

Lugo

Corgo, O

Todo o concello

Lugo

Cospeito

Todo o concello

Lugo

Chantada

Todo o concello

Lugo

Folgoso do Courel

Todo o concello

Lugo

Fonsagrada, A

Todo o concello

Lugo

Foz

Todo o concello

Lugo

Friol

Todo o concello

Lugo

Xermade

Todo o concello

Lugo

Guitiriz

Todo o concello

Lugo

Guntín

Todo o concello

Lugo

Incio, O

Todo o concello

Lugo

Xove

Todo o concello

Lugo

Láncara

Todo o concello

Lugo

Lourenzá

Todo o concello

Lugo

Lugo

As seguintes parroquias: Adai (Santa María Madanela), Santa María de Alta (Santa María), San Xoán do Alto (San Xoán), San Mamede dos Ánxos (San Mamede), Bacurín (San Miguel), Bascuas (Santa María), Bazar (San Remixio), Benade (Santo Estevo), Bocamaos (San Xillao), Santalla de Bóveda de Mera (Santalla), Bóveda (Santa María), O Burgo (San Vicente), Calde (San Pedro), Camoira (Santo Estevo), San Xoán do Campo (San Xoán), Carballido (San Martiño), Santo André de Castro (Santo André), Coeo (San Vicente), Coeses (Santa María Madanela), Cuíña (Santalla), Esperante (Santalla), Santa Marta de Fixós (Santa Marta), Gondar (Santa María), Ombreiro (San Martiño), Labio (San Pedro), Lamas (Santalla), Mazoi (Santalla), Meilán (Santiago), San Pedro de Mera (San Pedro), Monte de Meda (Santa María Madanela), San Salvador de Muxa (San Salvador), Muxa (Santa María), Orbazai (San Miguel), O Outeiro das Camoiras (San Salvador), Pedreda (San Vicente), San Xoán de Pena (San Xoán), Pías (San Vicente), San Martiño de Piñeiro (San Martiño), Piúgos (Santiago), Poutomillos (San Martiño), Prógalo (Santiago), Recimil (San Lourenzo), Ribas de Miño (San Mamede), Romeán (San Pedro), Rubiás (San Xillao), Saa (Santiago), San Román (Santa Cristina), Santa Comba (San Pedro), Soñar (San Pedro), Teixeiro (Santa María), Tirimol (San Xoán), Torible (Santa Mariña), O Veral (San Vicente), Vilachá de Mera (San Xillao)

Lugo

Meira

Todo o concello

Lugo

Mondoñedo

Todo o concello

Lugo

Monforte de Lemos

Todo o concello

Lugo

Monterroso

Todo o concello

Lugo

Muras

Todo o concello

Lugo

Navia de Suarna

Todo o concello

Lugo

Negueira de Muñiz

Todo o concello

Lugo

Nogais, As

Todo o concello

Lugo

Ourol

Todo o concello

Lugo

Outeiro de Rei

Todo o concello

Lugo

Palas de Rei

Todo o concello

Lugo

Pantón

Todo o concello

Lugo

Paradela

Todo o concello

Lugo

Páramo, O

Todo o concello

Lugo

Pastoriza, A

Todo o concello

Lugo

Pedrafita do Cebreiro

Todo o concello

Lugo

Pol

Todo o concello

Lugo

Pobra do Brollón, A

Todo o concello

Lugo

Pontenova, A

Todo o concello

Lugo

Portomarín

Todo o concello

Lugo

Quiroga

Todo o concello

Lugo

Ribadeo

Todo o concello

Lugo

Ribas de Sil

Todo o concello

Lugo

Ribeira de Piquín

Todo o concello

Lugo

Riotorto

Todo o concello

Lugo

Samos

Todo o concello

Lugo

Rábade

Todo o concello

Lugo

Sarria

Todo o concello

Lugo

Saviñao, O

Todo o concello

Lugo

Sober

Todo o concello

Lugo

Taboada

Todo o concello

Lugo

Trabada

Todo o concello

Lugo

Triacastela

Todo o concello

Lugo

Valadouro, O

Todo o concello

Lugo

Vicedo, O

Todo o concello

Lugo

Vilalba

Todo o concello

Lugo

Viveiro

Todo o concello

Lugo

Baralla

Todo o concello

Lugo

Burela

Todo o concello

Ourense

Allariz

Todo o concello

Ourense

Amoeiro

Todo o concello

Ourense

Arnoia, A

Todo o concello

Ourense

Avión

Todo o concello

Ourense

Baltar

Todo o concello

Ourense

Bande

Todo o concello

Ourense

Baños de Molgas

Todo o concello

Ourense

Barbadás

As seguintes parroquias: Barbadás (San Xoán), Bentraces (San Xoán), Loiro (San Martiño), Piñor (San Lourenzo), Sobrado do Bispo (Santa María)

Ourense

Barco de Valdeorras, O

Todo o concello

Ourense

Beade

Todo o concello

Ourense

Beariz

Todo o concello

Ourense

Blancos, Os

Todo o concello

Ourense

Boborás

Todo o concello

Ourense

Bola, A

Todo o concello

Ourense

Bolo, O

Todo o concello

Ourense

Calvos de Randín

Todo o concello

Ourense

Carballeda de Valdeorras

Todo o concello

Ourense

Carballeda de Avia

Todo o concello

Ourense

Carballiño, O

Todo o concello

Ourense

Cartelle

Todo o concello

Ourense

Castrelo do Val

Todo o concello

Ourense

Castrelo de Miño

Todo o concello

Ourense

Castro Caldelas

Todo o concello

Ourense

Celanova

Todo o concello

Ourense

Cenlle

Todo o concello

Ourense

Coles

Todo o concello

Ourense

Cortegada

Todo o concello

Ourense

Cualedro

Todo o concello

Ourense

Chandrexa de Queixa

Todo o concello

Ourense

Entrimo

Todo o concello

Ourense

Esgos

Todo o concello

Ourense

Xinzo de Limia

Todo o concello

Ourense

Gomesende

Todo o concello

Ourense

Gudiña, A

Todo o concello

Ourense

Irixo, O

Todo o concello

Ourense

Xunqueira de Ambía

Todo o concello

Ourense

Xunqueira de Espadanedo

Todo o concello

Ourense

Larouco

Todo o concello

Ourense

Laza

Todo o concello

Ourense

Leiro

Todo o concello

Ourense

Lobeira

Todo o concello

Ourense

Lobios

Todo o concello

Ourense

Maceda

Todo o concello

Ourense

Manzaneda

Todo o concello

Ourense

Maside

Todo o concello

Ourense

Melón

Todo o concello

Ourense

Merca, A

Todo o concello

Ourense

Mezquita, A

Todo o concello

Ourense

Montederramo

Todo o concello

Ourense

Monterrei

Todo o concello

Ourense

Muíños

Todo o concello

Ourense

Nogueira de Ramuín

Todo o concello

Ourense

Oímbra

Todo o concello

Ourense

Ourense

As seguintes parroquias: Arrabaldo (Santa Cruz), Beiro (Santa Baia), O Castro de Beiro (Santo André), Ceboliño (Bo Xesús), Cudeiro (San Pedro), Santa Mariña do Monte (Santa Mariña), Palmés (San Mamede), Rairo (Santa Lucía), Reza (Santa María), Seixalbo (San Breixo), Trasalba (San Pedro), Untes (Santo Estevo), Velle (Santa Marta), Vilar de Astrés (Purísima Concepción), Canedo (San Miguel)

Ourense

Paderne de Allariz

Todo o concello

Ourense

Padrenda

Todo o concello

Ourense

Parada de Sil

Todo o concello

Ourense

Pereiro de Aguiar, O

Todo o concello

Ourense

Peroxa, A

Todo o concello

Ourense

Petín

Todo o concello

Ourense

Piñor

Todo o concello

Ourense

Porqueira

Todo o concello

Ourense

Pobra de Trives, A

Todo o concello

Ourense

Pontedeva

Todo o concello

Ourense

Punxín

Todo o concello

Ourense

Quintela de Leirado

Todo o concello

Ourense

Rairiz de Veiga

Todo o concello

Ourense

Ramirás

Todo o concello

Ourense

Ribadavia

Todo o concello

Ourense

San Xoán de Río

Todo o concello

Ourense

Riós

Todo o concello

Ourense

Rúa, A

Todo o concello

Ourense

Rubiá

Todo o concello

Ourense

San Amaro

Todo o concello

Ourense

San Cibrao das Viñas

Todo o concello

Ourense

San Cristovo de Cea

Todo o concello

Ourense

Sandiás

Todo o concello

Ourense

Sarreaus

Todo o concello

Ourense

Taboadela

Todo o concello

Ourense

Teixeira, A

Todo o concello

Ourense

Toén

Todo o concello

Ourense

Trasmiras

Todo o concello

Ourense

Veiga, A

Todo o concello

Ourense

Verea

Todo o concello

Ourense

Verín

Todo o concello

Ourense

Viana do Bolo

Todo o concello

Ourense

Vilamarín

Todo o concello

Ourense

Vilamartín de Valdeorras

Todo o concello

Ourense

Vilar de Barrio

Todo o concello

Ourense

Vilar de Santos

Todo o concello

Ourense

Vilardevós

Todo o concello

Ourense

Vilariño de Conso

Todo o concello

Pontevedra

Arbo

Todo o concello

Pontevedra

Barro

Todo o concello

Pontevedra

Baiona

Todo o concello

Pontevedra

Bueu

Todo o concello

Pontevedra

Caldas de Reis

Todo o concello

Pontevedra

Cambados

Todo o concello

Pontevedra

Campo Lameiro

Todo o concello

Pontevedra

Cangas

Todo o concello

Pontevedra

Cañiza, A

Todo o concello

Pontevedra

Catoira

Todo o concello

Pontevedra

Cerdedo

Todo o concello

Pontevedra

Cotobade

Todo o concello

Pontevedra

Covelo

Todo o concello

Pontevedra

Crecente

Todo o concello

Pontevedra

Cuntis

Todo o concello

Pontevedra

Dozón

Todo o concello

Pontevedra

Estrada, A

Todo o concello

Pontevedra

Forcarei

Todo o concello

Pontevedra

Fornelos de Montes

Todo o concello

Pontevedra

Agolada

Todo o concello

Pontevedra

Gondomar

Todo o concello

Pontevedra

Grove, O

Todo o concello

Pontevedra

Guarda, A

Todo o concello

Pontevedra

Lalín

Todo o concello

Pontevedra

Lama, A

Todo o concello

Pontevedra

Marín

Todo o concello

Pontevedra

Meaño

Todo o concello

Pontevedra

Meis

Todo o concello

Pontevedra

Moaña

Todo o concello

Pontevedra

Mondariz

Todo o concello

Pontevedra

Mondariz-Balneario

Todo o concello

Pontevedra

Moraña

Todo o concello

Pontevedra

Mos

Todo o concello

Pontevedra

Neves, As

Todo o concello

Pontevedra

Nigrán

Todo o concello

Pontevedra

Oia

Todo o concello

Pontevedra

Pazos de Borbén

Todo o concello

Pontevedra

Pontevedra

As seguintes parroquias: Alba (Santa María), Verducido (San Martiño), Bora (Santa Mariña), Campañó (San Pedro), A Canicouva (Santo Estevo), Cerponzóns (San Vicente), Xeve (Santo André), Santa María de Xeve (Santa María), Lourizán (Santo André), Marcón (San Miguel), Ponte Sampaio (Santa María), Tomeza

(San Pedro)

Pontevedra

Porriño, O

Todo o concello

Pontevedra

Portas

Todo o concello

Pontevedra

Poio

As seguintes parroquias: Combarro (San Roque), Poio (San Xoán), Raxó (San Gregorio), Samieira (Santa María)

Pontevedra

Ponteareas

Todo o concello

Pontevedra

Ponte Caldelas

Todo o concello

Pontevedra

Pontecesures

Todo o concello

Pontevedra

Redondela

Todo o concello

Pontevedra

Ribadumia

Todo o concello

Pontevedra

Rodeiro

Todo o concello

Pontevedra

Rosal, O

Todo o concello

Pontevedra

Salceda de Caselas

Todo o concello

Pontevedra

Salvaterra de Miño

Todo o concello

Pontevedra

Sanxenxo

Todo o concello

Pontevedra

Silleda

Todo o concello

Pontevedra

Soutomaior

Todo o concello

Pontevedra

Tomiño

Todo o concello

Pontevedra

Tui

Todo o concello

Pontevedra

Valga

Todo o concello

Pontevedra

Vigo

As seguintes parroquias: Cíes, Beade (Santo Estevo), Bembrive (Santiago), Cabral (Santa Mariña), Coruxo (San Salvador), Matamá (San Pedro), Oia (San Miguel), Saiáns (San Xurxo), Valadares (Santo André), Zamáns (San Mamede)

Pontevedra

Vilaboa

Todo o concello

Pontevedra

Vila de Cruces

Todo o concello

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

Todo o concello

Pontevedra

Vilanova de Arousa

Todo o concello

Pontevedra

Illa de Arousa, A

Todo o concello