Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48584

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas 6 e 7 da área de repartición AR-S2 Cancelo do Medio.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de outubro de 2018, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas 6 e 7 da área de repartición AR-S2 Cancelo do Medio, redactado polo arquitecto José Antonio Canedo Zapata a instancia de Ana Belén Varela González e Roberto Vegas Fuentes, e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado conforme o artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a expresión gráfica queda reflectida no plano de suspensión de licenzas que se xunta.

O expediente sométese a información pública por prazo de un mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, coa finalidade de que o que o desexe poida examinalo e deducir, durante o citado prazo, cantas alegacións ou observacións considere oportunas. Simultaneamente notificaráselles o acordo aos promotores e individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Lugar de exposición do expediente: Servizo de Urbanismo (2º andar Casa Consistorial).

Horario: das 10.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 15 de outubro de 2018

José Manuel López Varela
Alcalde

ANEXO

Plano de suspensión de licenzas

missing image file