Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48586

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de oferta de emprego público 2018.

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o día 31.10.2018 aprobou a convocatoria e as bases para a provisión dunha praza de administrativo/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 211, do día 6.11.2018, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo, mediante concurso-oposición por promoción interna, para a provisión en propiedade dunha praza vacante de administrativo/a de Administración xeral, grupo C1, persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público 2018.

As instancias solicitando tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no Rexistro Xeral deste Concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Mugardos (A Coruña).

Mugardos, 6 de novembro de 2018

María del Pilar Díaz Otero
Alcaldesa