Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48610

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de novembro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos durante as folgas que afectarán o persoal do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela a partir do día 12 de novembro de 2018.

Advertido erro na orde indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 214, do 9 de novembro de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:

O anexo publicado na páxina 48470 é erróneo, debéndose substituír polo correcto e que a seguir se indica:

ANEXO

Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

– Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS):

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico

12

12

6

Persoal de enfermaría

14

14

12

Técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE)

9

10

7

Celadores/as

7

8

6