Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48611

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 de agosto de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018-2019.

A Consellería de Política Social convocou para os anos 2018 e 2019, a través da Orde do 24 de agosto de 2018 (DOG num. 171, do 7 de setembro) axudas económicas para a posta en marcha de casas do maior en concellos de menos de 5.000 habitantes.

O prazo e forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 10 da Orde do 24 de agosto, establecendo o artigo 11 a documentación que se deberá achegar coa solicitude e prazos para a súa presentación.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da citada orde de convocatoria polo órgano encargado da tramitación do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficientes para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 10 da Orde do 24 de agosto de 2018 establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que nun prazo de dez (10) días hábiles emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, teranse por desistidas da súa petición, previa correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ao tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, o artigo 17 da Orde do 24 de agosto establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos deste procedemento.

Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través do Portal do Benestar da Consellería de Política Social.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cumprimentadas e/ou non aportan a documentación preceptiva exixida segundo o disposto nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou presenten a documentación preceptiva conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de información adicional durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna a través da conta de correo electrónico subxmaioresdiscapacidade.politicasocial@xunta.es, do teléfono 012 ou de forma presencial.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Emendas/requirimentos de documentación

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Emendas/documentación requirida

1/2018/BS212A

Flora Fernández Pérez

****8875R

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade nos termos previstos no artigo 11 da orde.

Proposta pedagóxica debidamente asinada que aborde os contidos establecidos no artigo 11 da orde.

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos do estado reformado.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Protocolos de actuación coas persoas maiores.

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

2/2018/BS212A

Natalia Asorey Zorraquino

****985J

Proposta pedagóxica debidamente asinada pola/s persoa/s que desenvolverán o proxecto piloto.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

3/2018/BS212A

Josefa Asunción Morgade Rúa

****9284L

Documentación acreditativa de estar en posesión da titulación ou formación do artigo 4.1 da orde e ou declaración responsable de realización do curso previsto no punto 8 do artigo 4.1 da orde.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Proposta pedagóxica debidamente asinada nos temos previsto no artigo 11 da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Orzamento desagregado dos gastos (anexo III).

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble debidamente asinada.

4/2018/BS212A

José Carlos Alcalde González

****6355D

Certificado médico acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva nos termos previstos no artigo 11 da orde.

Proposta pedagóxica debidamente asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Anexo III debidamente cuberto.

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Protocolos de actuación.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble.

5/2018/BS212A

Raúl Enrique Alonso Lorenzo

****7223W

Descrición do equipamento e materiais (características e composición).

Completar e asinar proposta pedagóxica nos termos do artigo 11 da orde.

Fotografías do estado actual do inmoble e proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento (anexo III).

6/2018/BS212A

Purificación Cuquejo Castro

****8944C

Memoria descritiva na cal se recollan as condicións descritas no artigo 11, punto c) da orde.

Proposta pedagóxica debidamente asinada.

Descrición do equipamento e materiais (características e composición).

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento (anexo III ).

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble.

7/2018/BS212A

Jennifer Bernárdez Iglesias

****3890D

Memoria descritiva na cal se recollan as condicións descritas no artigo 11, punto c) da orde.

Completar e asinar a proposta pedagóxica nos termos previstos no artigo 11 da orde.

Descrición do equipamento e materiais (características e composición).

Planos do estado reformado.

Protocolos de actuación coas persoas maiores.

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble.

8/2018/BS212A

María Amelia Fernández Blanco

****7488E

Anexo I debidamente cuberto (non achega os datos da casa do maior).

Completar a proposta pedagóxica no termos previstos no artigo 11 da orde.

Descrición do equipamento e materiais (características e composición).

Completar os planos do estado actual e fotografías coa proposta de adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala do estado reformado.

Protocolos de actuación coas persoas maiores.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento (anexo III).

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble.

9/2018/BS212A

Julita Amalia Martínez Zerpa

****1312F

Proposta pedagóxica debidamente asinada pola/s persoa/s que desenvolverán o proxecto piloto.

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble.

Completar memoria descritiva cos datos dos IGE dos últimos 3 anos.

Acreditación da persoa representante.

Planos do estado reformado.

10/2018/BS212A

Manuel Losada Basteiro

****8591D

Completar memoria descritiva cos datos do IGE dos últimos tres anos.

Completar e asinar debidamente a proposta pedagóxica nos termos previstos do artigo 11 da orde.

Anexo III debidamente cuberto.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

11/2018/BS212A

Ioana Irina Popa

****0711S

Proposta pedagóxica debidamente asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/án o proxecto piloto.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

12/2018/BS212A

María Elena Martínez López

****0146T

Memoria descritiva na cal se recollan as condicións descritas no artigo 11, punto c) da orde.

Proposta pedagóxica debidamente asinada.

Planos/fotografías do estado actual do inmoble.

Protocolos de actuación coas persoas maiores.

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble.

13/2018/BS212A

María Isabel Carballo Macareñas

****6687W

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Protocolos de actuación coas persoas maiores.

14/2018/BS212A

Ana María González Sánchez (Cooperativa Entelequia Social)

****5184F

Xustificación de ter iniciados os trámites para a constitución da cooperativa.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto e adaptada ao contexto dunha casa do maior en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto dunha casa do maior con características e composición.

Anexo III debidamente cuberto (sen emendas nin tachóns).

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Anexo V cuberto cos datos da persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

15/2018/BS212A

Sara Villalba Nova

(Cooperativa Entelequia Social )

****2359H

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble asinada polos interesados.

16/2018/BS212A

Alejandro Pérez Torre

(Cooperativa Entelequia Social)

****8929W

Xustificación de ter iniciados os trámites para a constitución da cooperativa.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto e adaptada ao contexto dunha casa do maior en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto dunha casa do maior con características e composición.

Anexo III debidamente cuberto (sen emendas nin tachóns).

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Anexo V cuberto cos datos da persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto piloto.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

Proposta das adaptacións que se realizarán e planos a escala representativos do estado reformado.

17/2018/BS212A

Ana María Sánchez Perfe

(Cooperativa Entelequia Social)

****8437L

Xustificación de ter iniciados os trámites para a constitución da cooperativa.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto e adaptada ao contexto dunha casa do maior en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto orientados a unha casa do maior con características e composición.

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Anexo V cuberto cos datos da persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado.

18/2018/BS212A

Alicia Creo Lago

(Cooperativa Entelequia Social)

****1206Y

Xustificación de ter iniciados os trámites para a constitución da cooperativa.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto e adaptada ao contexto dunha casa do maior en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto dunha casa do maior con características e composición.

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Anexo V cuberto cos datos da persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto.

Completar planos e fotografías de todas as estancias delimitando o espazo destinado á casa do maior e a proposta das adaptacións que se realizarán.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

19/2018/BS212A

David Rivas Conde

(Cooperativa Entelequia Social)

****0902R

Xustificación de ter iniciados os trámites para a constitución da cooperativa.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto e adaptada ao contexto dunha casa do maior en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto dunha casa do maior con características e composición.

Anexo III debidamente cuberto (sen emendas nin tachóns).

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Anexo V cuberto cos datos da persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

Completar con planos a escala e cotados do estado actual do inmoble coa zona delimitada destinada á casa do maior e proposta das adaptacións que se van realizar. De realizar reformas, achegar planos a escala representativos do estado reformado.

20/2018/BS212A

Mª Esther Sánchez Barco

****4078Q

Declaración responsable relativa as axudas de minimis (anexo I).

Completar memoria descritiva con referencia aos datos que consten no IGE os tres últimos anos.

Proposta pedagóxica asinada pola persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto (características e composición).

Planos a escala e cotados da situación do inmoble e proposta das adaptacións que se realizarán. De realizar reformas, achegar planos a escala representativos do estado reformado.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

21/2018/BS212A

Elvira Margarita López Vilaboa

****9815W

Declaración responsable relativa ás axudas de minimis (anexo I).

Copia da documentación acreditativa de estar en posesión da titulación/formación recollida no artigo 4.1.a) e/ou declaración responsable comprometéndose á realización do curso de formación para futuros profesionais das casas do maior.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva nos termos previstos no artigo 11.c) da orde.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Anexo III debidamente cuberto.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

22/2018/BS212A

Francisco Moar Pérez

****4150R

Emenda da solicitude (anexo I), o titular da conta bancaria non coincide co solicitante.

Copia da documentación acreditativa de estar en posesión da titulación/formación recollida no artigo 4.1.a) e/ou declaración responsable comprometéndose á realización do curso de formación para futuros profesionais das casas do maior.

Memoria descritiva nos termos previstos no artigo 11.c) da orde.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Anexo III debidamente cuberto.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

23/2018/BS212A

Mª Teresa López Covela

****3193X

Copia da documentación acreditativa de estar en posesión da titulación/formación recollida no artigo 4.1.a) e/ou declaración responsable comprometéndose á realización do curso de formación para futuros profesionais das casas do maior.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva nos tremos previstos no artigo 11.c) da orde.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Anexo III debidamente cuberto.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

24/2018/BS212A

Mª Victoria García Ferreira

****7082S

Certificado de estar ao día dos deberes tributarios con AET e Atriga.

Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

25/2018/BS212A

Melanie Rodríguez Doval

****8444W

Proposta pedagóxica debidamente asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/an o proxecto.

Completar descrición equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto (características e composición).

Fotografías de todas as estancias e proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso (só achega fotografías da fachada).

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

26/2018/BS212A

Rosilda Rocha dos Santos

****2842V

Completar memoria descritiva con referencia aos datos que consten no IGE os tres últimos anos.

Proposta pedagóxica debidamente asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Anexo III debidamente cuberto (achega dous anexos con orzamentos diferentes).

Completar as fotografías das estancias coa proposta das adaptacións que se realizarán.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

28/2018/BS212A

Iria Gómez Ferreiro

(Cooperativa Escola de Maiores)

****5483G

Xustificación de ter iniciados os trámites para a constitución da cooperativa.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto dunha casa do maior con características e composición.

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Anexo V cuberto cos datos da persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto.

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

29/2018/BS212A

Marta González Pérez

***8334Q

Completar descrición do equipamento e materias que se empregarán no desenvolvemento da casa do maior.

Proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

30/2018/BS21A

Selene Domínguez Areal

****9914A

Completar proposta pedagóxica de acordo cos contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Completar as fotografías e planos achegados coa proposta das adaptación que se realizarán.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto dunha casa do maior con características e composición.

Anexo III.

31/2018/BS212A

Paz Alonso García

****1982C

Anexo I, completar a solicitude cos datos bancarios.

Certificado médico acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva nos termos previstos no artigo 11 da orde.

Proposta pedagóxica debidamente asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Anexo III debidamente cuberto.

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Protocolos de actuación.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

32/2018/BS212A

Mª Monstserrat Nieves Rodríguez

****8671H

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Memoria descritiva nos termos previstos no artigo 11 da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto da casa do maior con características e composición.

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Planos e escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

Certificado acreditativo de estar ao día dos deberes tributarios coa AET.

Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

33/2018/BS212A

Beatriz Prieto Lorenzo

****5337S

Certificado médico acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva nos termos previstos no artigo 11 da orde.

Proposta pedagóxica nos termos do artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais (características e composición).

Anexo III debidamente cuberto.

Planos a escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Protocolos de actuación.

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

34/2018/BS212A

Marina Loureiro Salgado

****9860P

Certificado médico acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva nos termos previstos no artigo 11 da orde.

Proposta pedagóxica debidamente asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto con características e composición.

Anexo III debidamente cuberto.

Planos e escala e cotados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estadías coa proposta das adaptacións que se realizarán, de ser o caso. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Protocolos de actuación.

35/2018/BS212A

Mª del Carmen Vázquez Expósito

****3364Z

Certificado médico acreditativo do estado de saúde.

Memoria descritiva nos termos previstos no artigo 11.d) da orde.

Proposta pedagóxica asinada pola/as persoa/as que desenvolverá/án o proxecto piloto en que se recollan os contidos establecidos no artigo 11.d) da orde.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto da casa do maior con características e composición.

Anexo III debidamente cuberto.

Protocolos de actuación coas persoas maiores nos termos previstos no artigo 11.g).

Documento acreditativo da dispoñibilidade do inmoble (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión).

36/2018/BS212A

Mª Isabel Méndez Fernández

****3559G

Documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble.

37/2018/BS212A

Mª Olga Aira Saco

****6253N