Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48656

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 26 de outubro de 2018 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia en virtude da Orde da Consellería de Facenda do 18 de setembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo
da Xunta de Galicia (quenda de promoción interna e cambio de categoría)

– Tribunal titular:

Presidencia:

Constantino Piñeiro Cajete, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo I categoría 004.

Secretaría:

Juan Carlos Ponte Mahía, persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

María José Cortiñas Álvarez, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo II categoría 002.

Mariano Gutiérrez Gutiérrez, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo III categoría 002.

María Carmen Recarey Rey, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, do grupo IV, categoría 003.

– Tribunal suplente:

Presidencia:

Pilar Herrero Riaño, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo I categoría 004.

Secretaría:

Vanessa Castro Canosa, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo II, categoría 007.

Vogais:

Irene Mosquera Rex, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo II categoría 017.

María Luisa Pérez Salido, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo III categoría 078.

María Olivia Rial Nieto, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo II categoría 007.