Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48658

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba e se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química.

Mediante a Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio) convocouse o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, que establece como sistema selectivo o de concurso-oposición.

A base II.2.4 da convocatoria dispón que os méritos correspondentes á fase de concurso deberán referirse á data de finalización do prazo de presentación de instancias e se deberán acreditar de conformidade co procedemento que estableza a Dirección Xeral da Función Pública e que será publicado no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento da previsión anterior, e co obxecto de que as persoas aspirantes poidan acreditar os méritos cos que conten na fase de concurso, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar e publicar o procedemento que se deberá seguir para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química.

Segundo. Para acreditar os méritos recollidos na base II.2.1:

a) No caso de servizos prestados na Xunta de Galicia, as persoas aspirantes presentarán a documentación segundo o modelo de certificación que figura como anexo a esta resolución e que será expedida e debidamente asinada polas unidades seguintes de acordo co último destino no día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia:

– Servizos centrais: secretaría xeral técnica, subdirección xeral ou xefatura do servizo que teña atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, ou titulares dos órganos ou unidades equivalentes das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

– Servizos periféricos: xefaturas territoriais ou, de ser o caso, persoal responsable da área de persoal das xefaturas territoriais da consellería respectiva, ou das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

b) No caso de servizos prestados noutras administracións públicas, as persoas aspirantes presentarán a documentación segundo o modelo de certificación que figura como anexo a esta resolución e que será expedida e debidamente asinada pola unidade responsable da área de persoal da Administración correspondente, debendo achegar ademais fotocopia do contrato ou nomeamento.

Para efectos do cómputo dos servizos prestados, os meses consideraranse integrados por 30 días naturais e as fraccións de mes poderán sumarse entre si para acadar un mes completo, depreciándose a fracción resultante inferior ao mes.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ao establecido neste punto.

Terceiro. Para acreditar os méritos recollidos na base II.2.2, as persoas aspirantes deberán presentar copia debidamente cotexada dos documentos que acrediten ter realizado e superado os cursos.

Cuarto. Todas as follas de documentación que se acheguen deberán estar numeradas correlativamente.

Quinto. As persoas aspirantes disporán, para presentar a documentación sinalada no punto anterior, dun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución do tribunal pola que se fagan públicas as notas do cuarto exercicio da fase de oposición ou da resolución pola que se declaren todas as persoas exentas deste no Diario Oficial de Galicia. Esta documentación irá dirixida á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018

José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Méritos que se fan constar relativos á fase de concurso

Don/Dona

(Nome do/da funcionario/a que certifica)

Cargo

CERTIFICA que, segundo os datos que constan neste centro directivo, D./Dna. ___________________________________________________________, con DNI __________________________, ten acreditados os seguintes méritos:

Base II.2.1 Servizos prestados:

Servizos prestados nas administracións públicas na profesión propia da escala coa condición de funcionario interino ou persoal laboral temporal:

Desde

Ata

Meses e días

Tipo de relación

O que fago constar para os efectos de participación do/da interesado/a no proceso selectivo extraordinario de consolidación para ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), e asino esta certificación en ________________________, o ______________________________.