Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48928

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2018 pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión para a execución de servizos, formalizada o 30 de outubro de 2018 (expediente 1/2018/CNTENC).

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización dunha encomenda de xestión, tramitada pola entidade pública Portos de Galicia, para a execución do seguinte servizo:

Realización dos traballos de diagnóstico, avaliación e proposta dun sistema de información xeográfica para Portos de Galicia, así como a formación técnica para o manexo dos programas informáticos necesarios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 1/2018/CNTENC.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: realización dos traballos de diagnóstico, avaliación e proposta dun sistema de información xeográfica para Portos de Galicia, así como a formación técnica para o manexo dos programas informáticos necesarios.

3. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 30 de outubro de 2018.

b) Data de publicación no perfil de contratante: 5 de novembro de 2018.

c) Entidade (medio propio instrumental da Xunta de Galicia): Instituto de Estudos do Territorio (IET).

d) Nacionalidade: española.

e) Orzamento de execución pola Administración a través do IET: 22.628,60 euros. Non se aplica o IVE.

f) Financiamento: esta encomenda financiarase con cargo ao orzamento de Portos de Galicia, dentro da súa partida orzamentaria denominada 22701. Outros servicios.

g) Prazo de execución: catro (4) meses, contados desde a data de sinatura da orde de execución.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia