Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2018 Páx. 48938

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 7 de novembro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro) e pola Orde do 28 de febreiro de 2018 (DOG núm. 49, do 9 de marzo) pola que se modifica a súa composición, para cualificar o proceso selectivo que foi convocado mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril) para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, adoptou por unanimidade os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Segundo o disposto na base II.1.1.3 da convocatoria do proceso selectivo e na Orde da Consellería de Facenda do 23 de outubro de 2018 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio, e de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 21 de novembro de 2018, na sala E do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Para tales efectos, convócanse para a realización do exercicio os seguintes aspirantes:

Apelidos e nome

NIF

Palacios Fernández, Patricia

*677A

Sánchez Salguero, Jon Andoni

*436Z

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao lugar en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Segundo. Desestimar a totalidade das reclamacións presentadas en relación coas puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interporse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal