Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49233

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 17 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

O Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 102, do 30 de maio), na súa disposición adicional cuarta establece que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria asumirá, desde a súa constitución, as funcións e competencias atribuídas, en materia de formación, innovación e investigación e en materia de innovación tecnolóxica, á Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

A Resolución do 30 de agosto de 2018 (DOG núm. 117, do 17 de setembro) dá publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adoptado o día 29 de agosto de 2018, polo que se declara formalmente constituído o Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Mediante a Resolución do 29 de agosto de 2018 (DOG núm. 194, do 10 de outubro) adscríbense os órganos e unidades da Consellería do Medio Rural correspondentes á Subdirección Xeral de Formación e Innovación Agroforestal da Dirección Xeral de Ordenación Forestal á Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Segundo o disposto no artigo 17.1 da Orde do 17 de xullo de 2017, o órgano competente para ditar a resolución de concesión destas axudas é o conselleiro do Medio Rural. En virtude da disposición transitoria quinta do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, os expedientes iniciados polos órganos que se adscriben á Axencia, e non resoltos antes de súa posta en funcionamento, resolveraos o órgano competente da axencia pública autonómica Axencia Galega da Calidade Alimentaria, de acordo coa atribución de competencias establecidas polos estatutos.

Na súa virtude, a Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria,

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de xullo de 2017 pola que se convocan para o ano 2017 as axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Convocatoria:

Orde do 17 de xullo de 2017 (DOG núm. 144, do 31 de xullo) pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

Programa e crédito orzamentario:

Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.561A.770.0 por un valor total de 990.988,80 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 99.099,08 euros en 2017, 545.043,44 euros en 2018 e 346.846,28 euros en 2019. Financiarase integramente con cargo ao programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2,5 %.

Finalidade:

Execución de apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

Beneficiarios, proxectos e contías:

Nº expediente

Título

Beneficiario

CIF

Axuda concedida (euros)

2017

2018

2019

Axuda total

Feader 2017/012A

Proqueixo: proxecto de mellora da calidade do queixo a través da mellora do perfil leiteiro

Queizuar, S.L.

B15594XXX

6.910,00

43.630,00

49.460,00

100.000,00

Feader 2017/004A

Pulo ao sector da castaña: desde o souto ata a elaboración de produtos novos con castaña

Agaca

F15156XXX

6.792,40

34.716,00

26.288,00

67.796,40

Feader 2017/019A

Bioeconomía do SALIX

Industrias del Tablero, S.A.

A15104XXX

9.462,40

49.462,40

40.825,60

99.750,40

Feader 2017/038A

Aproveitamento silvopastoral con porco celta mediante sistema modular, transportable e autónomo

M.V.M.C. de Carballo

V27139XXX

7.390,00

41.230,00

25.230,00

73.850,00

Feader 2017/002A

Implantación dunha alimentación natural con base no emprego de ácidos orgánicos e extractos de planta

Coren

F32001XXX

6.000,00

36.680,00

20.480,00

63.160,00

Feader 2017/033A

Obtención de infusións e esencias a partir de procedencias galegas de especies silvestres medicinais e aromáticas

Milhulloa, S. Coop. Galega

F27267XXX

891,92

6.301,32

4.818,91

12.012,15

Feader 2017/035A

Desenvolvemento dun prototipo de forcípula dixital e aplicación móbil para a taxación de madeira

Maderera de Cospeito, S.L.

B27202XXX

12.887,42

67.610,98

0,00

80.498,40

Feader 2017/018A

Piloto clasificado automatizado de grupos de táboas por visión artificial-identificación de xemas

Carronza, S.L.

B27294XXX

7.674,56

34.931,53

34.931,53

77.537,62

Feader 2017/039A

Folerpas. Xeado lactofuncional

Gallanova Norte, S.L.U.

B70161XXX

8.882,40

52.733,60

38.161,60

99.777,60

Feader 2017/016A

Oliva galega Brava e Mansa: mellora da produción oliveira e desenvolvemento de aceites diferenciados

Ouro de Quiroga, S.L.

B27459XXX

5.475,00

35.816,00

21.804,00

63.095,00

Feader 2017/017A

Piloto serrado radial eucalipto automatizado. Uso de visión artificial para recoñecemento de aneis

Maderas Teixeiro, S.L.

B15786XXX

7.577,50

34.507,41

34.507,41

76.592,32

Feader 2017/010A

Vivervid. Proxecto piloto para produción sustentable de plantas de viveiro de vide

José López Rodríguez

766998XXX

7.929,08

47.332,26

22.673,04

77.934,38