Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49254

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2018 pola que se nomea titular de universidade da área de coñecemento de Composición Arquitectónica a Enrique Manuel Blanco Lorenzo.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 22 de decembro de 2017 (BOE do 15 de xaneiro de 2018), para a provisión da praza número 17/013 de titular de universidade da área de coñecemento de Composición Arquitectónica, departamento de Poxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición desta universidade, a favor de Enrique Manuel Blanco Lorenzo, con DNI 76412461K, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos establecidos na convocatoria, e

Vista a resolución de execución do acordo da Comisión de Reclamacións do 28 de setembro de 2018, que resolve desestimar a reclamación interposta contra a proposta da Comisión que xulgou o concurso antes indicado e, en consecuencia, ratificar a proposta de provisión da praza efectuada para a citada comisión.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Enrique Manuel Blanco Lorenzo titular de universidade da área de coñecemento de Composición Arquitectónica, departamento de Poxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 6 de novembro de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña