Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49255

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Mediante a Resolución da Xerencia, do 17 de setembro de 2018 (DOG núm. 184, do 26 de setembro), convócase a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se relacionan no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, efectuada mediante a Resolución da Xerencia, do 17 de setembro de 2018, e adxudicar os postos convocados ao persoal funcionario que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obteña outro destino mediante convocatoria pública; as persoas interesadas quedarán obrigadas, neste caso, a comunicarllo ao Reitorado da USC no prazo de tres días.

Terceiro. O prazo para tomar posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión ao reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2018

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: secretaría particular do reitor.

Código: PF000148.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 22.

Complemento específico: 10.052,70 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: González Porrúa, José Luis.

NIF: *****357P.

Denominación do posto: secretaría da Reitoría.

Código: PF000273.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.283,92 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Milmanda Cajaraville, María de la Paz.

NIF: ***** 338P.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Estudantes e Internacionalización.

Código: PF000283.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.283,92 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: García Vidal, María del Carmen.

NIF: ***** 390M.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Organización Académica.

Código: PF000937.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.283,92 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Montes Prado, María Carmen.

NIF: ***** 420M.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Planificación e Proxección Estratéxica.

Código: PF000936.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.283,92 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Gómez Raña, Modesto.

NIF: *****134B.

Denominación do posto: secretaría de dirección do Consello Social.

Código: PF000277.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.283,92 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Puga Rajo, Rosa María.

NIF: ***** 962Q.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Xerencia.

Código: PF000286.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.283,92 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Reimóndez Meilán, Iván.

NIF: ***** 604F.

Denominación do posto: secretaría de dirección Vicexerencias.

Código: PF000280.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.283,92 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Domínguez González, Virginia.

NIF: ***** 836N.