Marina Sofía López Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, fai saber que no presente procedemento de familia, garda, custodia alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado número 593/2017, seguido por instancia de Aránzazu Solís Menéndez fronte a Juan Manuel González Vales, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:
«Sentenza: 59/2018.
Sentenza:
Maxistrado: Pablo Muñoz Vázquez.
Data: 1 de xuño de 2018.
Lugar: Viveiro.
Demandante: Aránzazu Solís Menéndez.
Avogada: María Pérez Santaballa.
Procurador: Constantino Prieto Vázquez.
Demandado: Juan Manuel González Vales.
Procedemento: garda e custodia e alimentos de menor nº 593/2017.
Resolución:
Que, estimando parcialmente a demanda presentada polo procurador dos tribunais Constantino Prieto Vázquez, en nome e representación de Aránzazu Solís Menéndez, fronte a Juan Manuel González Vales, establécense as seguintes medidas definitivas:
– En concepto de pensión por alimentos á filla común, Juan Manuel González Vales deberá entregar a Aránzazu Solís Menéndez a cantidade de 150 euros mensuais. Esta cantidade será pagada dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que para tal efecto designe Aránzazu Solís Menéndez ante o xulgado. Esta pensión será actualizada anualmente conforme as variacións do IPC. Igualmente, deberá satisfacer a metade dos gastos extraordinarios que se produzan na vida da filla común.
Todo isto sen especial pronunciamento en materia de custas.
Notifíquese esta resolución ás partes.
Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.
Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E ao estar o demandado, Juan Manuel González Vales, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Viveiro, 24 de outubro de 2018
A letrada da Administración de xustiza