Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49265

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1101/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1101/2015 por instancia de José Manuel Lorenzo Martínez contra a empresa Segur Euskal Security, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 16 de outubro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo.

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Manuel Lorenzo Martínez contra a entidade Segur Euskal Security, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Segur Euskal Security, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de dous mil setenta e seis euros con noventa e sete céntimos de euro (2.076,97 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer do recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Segur Euskal Security, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza