Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1094/2015).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1094/2015, por instancia de Manuel Pereira Gómez contra a empresa Construcciones Brandón e hijo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 16 de outubro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Manuel Pereira Gómez contra a entidade Construcciones Brandón e hijo, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Construcciones Brandón e hijo, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de seis mil setecentos sesenta e oito euros con cincuenta e tres céntimos (6.768,53 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Brandón e hijo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza