Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49476

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2018 pola que se adxudican as axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, convocadas pola Resolución do 28 de maio de 2018.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación do 28 de maio de 2018 (DOG núm. 119, do 8 de xuño) estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e procedeu á súa convocatoria para o ano 2018.

Os artigos 3 e 4 desta resolución de convocatoria establecen os requisitos que deben cumprir, respectivamente, os beneficiarios e as unidades mixtas de investigación para poder optar ás axudas.

A comisión de selección prevista no artigo 16 das bases reguladoras, reunida o 5 de novembro de 2018, elaborou unha proposta de financiamento das solicitudes por orde decrecente da puntuación acadada, tendo en conta os informes de valoración emitidos polos avaliadores.

No artigo 20 da convocatoria regúlanse a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de selección seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concreten o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos nos artigos 17 e 18.

De acordo con isto,

RESOLVO:

Conceder as axudas para a consolidación das unidades mixtas de investigación que figuran como anexo a esta resolución por orde decrecente de puntuación, por un importe total de 2.598.103,94 euros, coa seguinte distribución:

Aplicación orzamentaria

Ano 2018 (€)

Ano 2019 (€)

Ano 2020 (€)

Ano 2021 (€)

Total (€)

09.A3.561A.781.0

55.213,50

584.788,62

610.782,76

570.035,57

1.820.820,45

09.A3.561A.744.0

750,00

234.000,00

276.133,49

266.400,00

777.283,49

Total

55.963,50

818.788,62

886.916,25

836.435,57

2.598.103,94

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 27 da resolución de convocatoria.

Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 26 da convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo (modificado pola Resolución do 15 de outubro de 2018, publicada no DOG núm. 201, do 22 de outubro).

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Solicitudes concedidas

Nº de

expediente

Representante UMI

NIF

Integrantes UMI

Denominación UMI

% axuda

Feder

Orzamento subvencionable Subvención

Ano 2018 (€)

Ano 2019

(€)

Ano 2020 (€)

Ano 2021 (€)

Total (€)

Aplicación

orzamentaria

IN853B-2018/01

Cetaqua Galicia

G70312020

Cetaqua Galicia

Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

CIGAT-Biofactoría

30 %

Si

Orzamento total

40.000,00

580.000,00

630.000,00

610.000,00

1.860.000,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

12.000,00

174.000,00

189.000,00

183.000,00

558.000,00

IN853B-2018/02

Universidade da Coruña

Q6550005J

UDC

Navantia, S.A.S.M.E.

UMI

UDC-Navantia

«O estaleiro

do futuro»

30 %

Si

Orzamento total

2.500,00

780.000,00

920.444,98

888.000,00

2.590.944,98

09.A3.561A.744.0

Subvención

750,00

234.000,00

276.133,49

266.400,00

777.283,49

IN853B-2018/04

Fundación CTAG

G36871424

CTAG

Viza

Automoción, S.A.

Unidade Mixta de Investigación Viza-CTAG

30 %

Si

Orzamento total

137.725,00

742.685,00

736.585,00

636.540,00

2.253.535,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

41.317,50

222.805,50

220.975,50

190.962,00

676.060,50

IN853B-2018/03

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de

Compostela

G15796683

FIDIS

Roche Farma, S.A.

Unidade Mixta Roche-CHUS para oncoloxía de precisión

30 %

Si

Orzamento total

6.320,00

626.610,39

669.357,53

653.578,57

1.955.866,49

09.A3.561A.781.0

Subvención

1.896,00

187.983,12

200.807,26

196.073,57

586.759,95