Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49479

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorga destino ao persoal funcionario do corpo de médicos forenses que superou as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/350/2017, do 28 de marzo.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, esta dirección xeral resolveu adxudicar destino no órgano que se indica no anexo á integrante do corpo de médicos forenses nomeada funcionaria de carreira pola Resolución do 7 de novembro de 2018, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. A funcionaria do corpo de médicos forenses á cal se lle outorga destino nesta resolución deberá tomar posesión do seu cargo ante a xefatura territorial respectiva da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, na provincia onde estea radicado o órgano xudicial no cal obtivo destino.

A toma de posesión efectuarase dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto.

Segundo. O persoal interino que actualmente ocupa a praza que foi adxudicada á aspirante aprobada cesará o mesmo día en que se produza a toma de posesión da titular.

Terceiro. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, reformada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles participantes que teñan xa a condición de funcionarios de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

Cuarto. A funcionaria do corpo de médicos forenses a que se lle outorga destino en virtude desta resolución, malia ser destinada con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderá participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data da presente resolución. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Quinto. As prazas non adxudicadas aos aspirantes de novo ingreso no corpo de médicos forenses manteñen a súa condición de desertas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección xeral no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes no prazo de dous meses, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, se esta non é simultánea á do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Destino adxudicado

Posto

39452718J

Pampín Alfonso, Ana

Imelga. Subdirección Territorial de Santiago

XG9251820015770305.00