Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49777

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2018 pola que se convoca o concurso público de selección de oferta para o outorgamento en réxime de autorización do almacén número 1, de 2.081,08 metros cadrados, no peirao do Ramal (parcela 01-006), con destino a almacenamento, entrega e recepción de mercadorías con orixe ou destino na carga e/ou descarga de buques no porto de Vilagarcía de Arousa, estibada polo titular da concesión.

A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, con data do 15 de novembro de 2018, resolveu, de conformidade co previsto no artigo 78.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, convocar concurso público de selección de oferta para o outorgamento en réxime de autorización do almacén nº 1, con 2.081,08 m2, no peirao do Ramal (parcela 01-006), con destino a almacenamento, entrega e recepción de mercadorías con orixe ou destino na carga e/ou descarga de buques no porto de Vilagarcía de Arousa, estibada polo titular da concesión.

Documentación e información facilitada pola Autoridade Portuaria: a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, os licitadores terán á súa disposición no perfil do contratante da páxina web www.portovilagarcia.es, o prego de bases que rexerá o outorgamento da autorización, así como o resto de documentación integrante do concurso.

Presentación de proposicións: presencialmente, nas oficinas da Autoridade Portuaria, Peirao de Pasaxeiros, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa, mediante entrega no Rexistro Xeral, das 8.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Prazo de presentación de proposicións: vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación do preceptivo anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Garantía provisional: para optar á adxudicación do concurso e antes da presentación das proposicións, os licitadores deberán constituír unha garantía provisional por importe de tres mil (3.000,00) euros.

Prazo da autorización: un (1) ano, non prorrogable.

Apertura de ofertas: abriranse en acto público no edificio de oficinas da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, a data de apertura publicarase no perfil do contratante da Autoridade Portuaria, páxina web www.portovilagarcia.es.

Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Vilagarcía de Arousa, 15 de novembro de 2018

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría