Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2018 Páx. 49779

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de novembro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga parcial do día 20 de novembro ao 2 de decembro de 2018 nos centros de traballo da Corporación Radio Televisión de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do luns 19 de novembro de 2018, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 49570 e 49571, no punto 1.3., onde di:

«1.3. Operacións técnicas, emisións e mantemento técnico:

Operacións técnicas:

– 2 técnicos electrónicos/técnicos electrónicos de primeira de mañá.

– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de tarde.

– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de noite».

Debe dicir:

«1.3. Operacións técnicas, emisións e mantemento técnico:

Operacións técnicas:

– 2 técnicos electrónicos/técnicos electrónicos de primeira de mañá.

– 2 técnicos electrónicos/técnico electrónico de primeira de tarde.

– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de noite».

Na páxina 49571, no punto 1.4., onde di:

«1.4. Medios de produción:

a) Televisión de Galicia:

Iluminación:

– 1 técnico de iluminación de mañá.

– 1 técnico de iluminación de tarde».

Debe dicir:

«1.4. Medios de produción:

a) Televisión de Galicia:

Iluminación:

– 1 iluminador de mañá.

– 1 iluminador de tarde».

Na páxina 49573, no punto 1.4. «Medios de produción:

a) Televisión de Galicia»:

Non procede o apartado e debe suprimirse:

«Edición avanzada:

– 2 operadores montadores de vídeo de mañá.

– 1 operador montador de vídeo de tarde».

Na páxina 49574, no punto 3.1., onde di:

«Informativos:

Televisión de Galicia:

– 1 locutor de TV de mañá.

– 6 redactores de mañá.

– 2 auxiliar de redacción de mañá.

– 2 auxiliares de redacción de tarde.

– 2 redactores de tarde.

– 6 reporteiros gráficos de mañá.

– 1 reporteiro gráfico de tarde».

Debe dicir:

«Informativos:

Televisión de Galicia:

– 1 locutor de TV de mañá.

– 6 redactores de mañá.

– 1 auxiliar de redacción de mañá.

– 2 auxiliares de redacción de tarde.

– 2 redactores de tarde.

– 6 reporteiros gráficos de mañá.

– 1 reporteiro gráfico de tarde».

Na páxina 49574, no apartado 3.1., onde di:

«Radio Galega:

– 2 redactores de noite.

– 3 redactores de mañá.

– 2 redactores de tarde».

Debe dicir:

«Radio Galega:

– 1 redactor de noite.

– 3 redactores de mañá.

– 2 redactores de tarde».

Na páxina 49577, no punto 2, onde di:

«Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 2 redactores de mañá.

– 1 redactor de tarde.

– 1 reporteiro gráfico de mañá.

– 1 reporteiro gráfico de tarde».

Debe dicir:

«Área de información e documentación:

Televisión de Galicia:

– 1 redactor de mañá.

– 1 redactor de tarde.

– 1 reporteiro gráfico de mañá.

– 1 reporteiro gráfico de tarde».