Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49936

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2018 pola que se convoca o curso monográfico A Lei de contratos do sector público para os poderes adxudicadores non Administración pública (PANAP).

Conforme os fins que lle asigna á Escola Galega de Administración Pública a normativa que a regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 20/1989, do 10 de xullo),

RESOLVO:

Convocar o curso monográfico A Lei de contratos do sector público para os poderes adxudicadores non Administración pública (PANAP), de acordo coas bases que se indican a continuación:

1. Obxectivos.

O pasado 9 de novembro publicouse no BOE a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Ademais da transposición das citadas directivas, a lei establece un novo marco regulador do sistema de contratación pública, con vocación de ser máis eficiente, transparente e íntegro, e mellorar as condicións de acceso ao devandito sistema facilitando, en particular, a participación das Pemes.

Coa realización deste curso perséguense os obxectivos de analizar as principais modificacións introducidas pola lei, en especial aquelas que afectan á contratación no ámbito dos PANAP (poderes adxudicadores non Administración pública), e propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores e relevantes desde o punto de vista xurídico e da xestión.

2. Contidos.

– Novidades da Lei 9/2017, de contratos do sector público (ámbito obxectivo, subxectivo, estrutura e principais novidades). Aplicación da Lei de contratos do sector público no ámbito dos PANAP.

– Os novos procedementos de adxudicación, con especial atención ao contrato menor. Novos límites e restricións. Aplicabilidade do artigo 118 e a racionalización da contratación.

– Os tipos de contratos. O prazo dos contratos: duración e prórrogas.

– O obxecto do contrato. Novidades respecto á configuración do obxecto do contrato, valor estimado e prezo. Fraccionamento do contrato. A regulación da división obrigatoria en lotes e os seus efectos.

– A preparación e a adxudicación de contratos. Regras para a adxudicación do contrato. Criterios de adxudicación. Novidades.

– A solvencia técnica e económica. Prohibición de contratar. Especial referencia á preparación do documento europeo único de contratación (DEUC).

– A compra pública estratéxica.

– O recurso especial.

– A intervención do Consello Consultivo de Galicia na nulidade, resolución e modificación dos contratos celebrados por PANAP.

– A contratación electrónica e a transparencia. Medios electrónicos, informáticos e telemáticos (EIT) na contratación pública. Especial referencia á plataforma de contratación (CPG) e ao Rexistro de contratos do sector público.

3. Persoas destinatarias.

O curso diríxese a responsables e xestores/as de contratación das entidades instrumentais descritas no artigo 3.1.b) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: fundacións públicas autonómicas e sociedades mercantís públicas autonómicas.

4. Desenvolvemento.

Datas: os días 12, 13, 17, 18 e 19 de decembro de 2018.

Horario: de tarde, das 16.00 ás 20.00 horas.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Duración: 20 horas lectivas.

5. Número de prazas: 30.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.gal/matricula/.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 3 de decembro de 2018.

Todas as persoas solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando a certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 3. Serán excluídas aquelas solicitudes que non acompañen a dita certificación ou que sexa recibida con posterioridade ao último día habilitado para a inscrición, isto é, 3 de decembro de 2018.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41-981 54 62 39.

7. Criterios de admisión.

A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.

8. Publicación da listaxe de persoas seleccionadas e prazo de presentación de alegacións.

8.1. No punto deste curso da páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal/), publicarase a listaxe de persoas seleccionadas así como tamén un número adecuado de reservas no caso de que o número de solicitudes recibidas fose superior ao número de prazas.

O prazo de presentación de alegacións será de dous días naturais contados desde o día da súa publicación.

8.2. Transcorrido o prazo de alegacións, publicarase, no devandito espazo, a listaxe definitiva das persoas admitidas no curso.

9. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia.

9.1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

9.2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

• Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

• Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/as responsables dos centros directivos.

• Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia deberá ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días naturais anteriores ao comezo da actividade formativa. Na páxina web da Escola estará dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto, poderá utilizarse, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico novas.egap@xunta.gal.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

9.3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa realizaranse controis de asistencia e puntualidade.

c) As faltas de asistencia:

c.1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os/as responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da súa finalización. As persoas que incumpran o especificado anteriormente perderán o dereito ao certificado de asistencia á actividade formativa.

c.2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

10. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a facultade de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

11. Certificado de asistencia oficial.

Ao final do curso emitirase un certificado electrónico de asistencia, descargable desde a área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula/), a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Este documento estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data e o lugar de realización do curso, así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa autenticidade.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública