Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50153

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión dun posto de traballo na Fiscalía Provincial da Coruña, convocado por Resolución do 15 de xuño de 2018.

Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 15 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso específico para a provisión dun posto de traballo singularizado na Fiscalía Provincial da Coruña (Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado do 26 de xuño), así como o artigo 51 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, unha vez que a comisión de valoración elevou proposta definitiva de valoración de méritos, así como proposta definitiva de adxudicación do posto ofertado no concurso, e que se acreditou a observancia do procedemento debido e se valoraron os méritos das persoas candidatas, no uso das competencias que me atribúe a normativa vixente

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola comisión de valoración do concurso específico.

Segundo. Resolver o concurso específico para a provisión dun posto singularizado na Fiscalía Provincial da Coruña e adxudicar o posto convocado á persoa concursante que se indica no anexo I da presente resolución.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto. O prazo de toma de posesión será de tres días naturais se non implica cambio de localidade ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. En caso de que a dita publicación non se faga simultaneamente en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Apelidos e nome: Blanco González, Rogelia.

DNI: ***4722*.

Corpo: xestión procesual e administrativa.

Denominación do posto de traballo: coordinador/a I.

Código do posto de traballo: XG9257802015001601.06.

Centro de destino: Fiscalía Provincial.

Localidade: A Coruña.