Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50151

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade á concesión dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2018.

Mediante a Resolución do 5 de novembro de 2018 (DOG núm. 216, do 13 de novembro), aprobáronse e publicáronse as bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2018.

O xurado destes premios fixo unha revisión bibliográfica dos artigos que cumpren cos requisitos establecidos nas bases reguladoras, avaliándoos segundo os criterios de selección establecidos, tal como se recolle no artigo 8 das referidas bases.

O 19 de novembro, o xurado reuniuse para poñer en común a avaliación dos artigos científicos e propor no acordo de concesión, dúas persoas galardoadas.

O 19 de novembro recibiuse a aceptación expresa das persoas propostas e a acreditación da súa vinculación a un centro ou institución galega incluído no ámbito de aplicación destas bases no momento da elaboración do artigo.

As ditas bases establecían no artigo 9 que a persoa titular da Presidencia da Axencia de Xestión do Coñecemento en Saúde ditará a resolución do premio, que será inapelable, e esta farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e das páxinas web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es e da axencia www.acis.sergas.es

Crédito orzamentario: catro mil cincocentos euros (4.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 2018-11A1-411A-480.00/Proxecto 201800003 dos orzamentos do ano 2018 da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde:

a) Primeiro premio cunha dotación de tres mil euros (3.000,00 €).

b) Segundo premio cunha dotación de mil cincocentos euros (1.500,00 €).

No que se refire ás persoas investigadoras premiadas, véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Persoas premiadas

Núm.

Persoas autoras

Título do artigo

Centro ou institución galega

Importe
do premio

Gustavo Mauricio Iribarren Díaz

Preliminary results of a screening program for anal cancer and its precursors for HIV-infected men who have sex with men in Vigo-Spain

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Servizo Galego de Saúde

3.000,00 €

Antonio Aguilera Guirao

Prevalence and distribution of hepatitis C virus genotypes in Spain during the 2000-2015 period (the GEHEP 005 study)

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Servizo Galego de Saúde

1.500,00 €