Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Parque de Compostela, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Parque de Compostela, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 31 de decembro de 2016, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é na rúa Galeras, nº 14, entreplanta, 15705 Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

A Coruña, 30 de agosto de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña