Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de procedencia de reintegro do expediente de subvención do Programa para a promoción de emprego autónomo TR341D 2015/000370-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado á persoa interesada citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo de procedencia do procedemento de reintegro ditado no correspondente expediente de subvención.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A persoa interesada dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou do prazo dun mes para interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 8 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa
interesada

Concello

Materia

Asunto

Data
resolución

TR341D 2015/000370-1

Pena Moreno, María Fernanda

Narón

Subvención para o establecemento como traballadora autónoma

Acordo de procedencia de reintegro

7.9.2018