Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de reintegro de subvención do expediente TR341D-2016/000832-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado á persoa interesada citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo recaído no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A persoa interesada dispón do prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para realizar as alegacións e presentar a documentación que considere oportunas ante o órgano competente, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, advertindo que de non facelo teráselle por notificado cos efectos que correspondan.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Asunto

Solicitante

Concello

Data resolución

TR341D-2016/000832-1

Acordo de inicio reintegro

Elizabeth del Risco Ferrer

Santiago de compostela

2.10.2018