Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Cogalso Ferrolterra, S. Coop. Galega de Traballo Asociado.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Cogalso Ferrolterra, S. Coop. Galega de Traballo Asociado, acordada na asemblea xeral do 13 de agosto de 2018, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é no polígono Río do Pozo, na rúa Os Toneleiros, s/n, parcela W12, 15570 Narón, provincia da Coruña.

A Coruña, 16 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña