En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de explotación e plan de restauración da concesión de explotación Forna nº 2342 (PO/C/02342) e o seu anexo, sita no termo municipal do Porriño, Pontevedra, solicitado pola sociedade Marcelino Martínez Galicia, S.L.
O que se fai público facendo constar que durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto e anexo se atopan dispoñibles ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00030.html). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pontevedra, 16 de outubro de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra