Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018 pola que se aproba a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, e se ratifica a compatibilidade co dereito mineiro afectado do proxecto do parque eólico Sasdónigas, situado no concello de Mondoñedo (Lugo), e promovido pola sociedade Norvento Sasdónigas, S.L. (expediente 113 EOL).

Examinada a solicitude de Norvento, S.L. (na actualidade Norvento Sasdónigas, S.L. e en diante, a promotora) sobre a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto modificado do parque eólico Sasdónigas, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 6 de maio de 2004 pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004 (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro), publicada no DOG núm. 100, do 26 de maio, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio resolveu continuar a tramitación administrativa, entre outros, do parque eólico Sasdónigas para unha potencia de 17,6 MW.

Segundo. Con data do 6 de agosto de 2004, Pablo Fernández Castro, en nome e representación da sociedade Norvento, S.L., presentou solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación de proxecto de execución, proxecto sectorial, estudo de impacto ambiental e acollida ao réxime especial das instalacións do parque eólico Sasdónigas.

Terceiro. Mediante a Resolución do 29 de maio de 2006, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Lugo, someteuse a información pública para estudo ambiental, autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico Sasdónigas (DOG núm. 145, do 28 de xullo).

Cuarto. Mediante a Resolución do 25 de maio de 2010, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas publicou a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Sasdónigas, formulada o 3 de maio de 2010 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (DOG núm. 119, do 24 de xuño).

Quinto. Mediante a Resolución do 25 de outubro de 2010, a Consellería de Economía e Industria resolveu autorizar administrativamente e recoñecer a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do parque eólico Sasdónigas (DOG núm. 225, do 23 de novembro).

Sexto. Mediante a Resolución do 19 de xaneiro do 2011, a Consellería de Economía e Industria aprobou o proxecto de execución, declarouse a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade con diversos dereitos mineiros do proxecto do parque eólico Sasdónigas (DOG núm. 39, do 25 de febreiro).

Sétimo. Mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ordenouse a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de xaneiro de 2012, polo que se aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Sasdónigas, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

Oitavo. O 5.8.2016, a promotora presentou a Addenda para o cambio de modelo de aeroxerador do parque eólico Sasdónigas, solicitando a súa aprobación. A modificación proposta supón o cambio do modelo do aeroxerador proxectado, aumentando a súa potencia nominal unitaria, co que se consegue reducir de 11 a 8 o número de máquinas do parque eólico.

Noveno. O 3.11.2016 e o 9.11.2016, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais emitiu informes sobre a compatibilidade entre o parque eólico de Sasdónigas e os dereitos mineiros da provincia de Lugo. Nel ratifica o informe emitido por esa subdirección o 26.4.2010, informando da non interferencia entre os labores de investigación proxectados para o período da prórroga do permiso de investigación Celia nº 5724, no caso de ser outorgada, e a modificación do parque eólico. Ademais, indica que mediante a Resolución da Consellería de Economía e Industria do 14 de novembro de 2011 se declarou a caducidade do permiso de investigación Togiza nº 5531.

Décimo. O 7.12.2016 a Consellería de Economía, Emprego e Industria outorgou a autorización de construción para a addenda de cambio de modelo de aeroxerador do parque eólico Sasdónigas.

Décimo primeiro. Con data do 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou o parque eólico Sasdónigas como proxecto de interese especial (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2018).

Décimo segundo. O 22.3.2018, a promotora achegou o documento Valoración ambiental cambio de aeroxerador. Adecuación á DIA. Parque eólico Sasdónigas. Marzo 2018, para a solicitude do informe do órgano ambiental sobre o cambio de modelo de aeroxerador do parque eólico.

Décimo terceiro. O 20.4.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu informe respecto ao citado documento, en que manifestou a necesidade de contar cos informes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Instituto de Estudos do Territorio e Augas de Galicia.

Décimo cuarto. O 9.6.2018, Norvento, S.L. en resposta ao informe do 11.5.2018 da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, propuxo a eliminación do aeroxerador nº 1, e a modificación do diámetro de rotor dos aeroxeradores pero mantendo a mesma altura máxima de punta da pa.

Décimo quinto. De acordo co antecedente de feito precedente, o 28.6.2018 a promotora presentou o proxecto da modificación do parque eólico co documento Memoria técnica da modificación non substancial parque eólico Sasdónigas. Concello de Mondoñedo. Xuño 2018, en que se recollen a configuración e as características finais previstas para o parque eólico, e se solicita o seu recoñecemento como non substancial, xunto coa documentación relativa á solicitude de modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico.

Décimo sexto. Mediante a Resolución do 20 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, someteuse a información pública a solicitude de modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación das instalacións do proxecto do parque eólico Sasdónigas (DOG núm. 177, do 17 de setembro).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 17.9.2018, e no xornal El Progreso do 17.9.2018. Así mesmo, permaneceu exposta ao público na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo e no concello afectado de Mondoñedo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período en que a devandita solicitude se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Décimo sétimo. O 13.9.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o informe sobre as modificacións solicitadas pola promotora, segundo o establecido no artigo 37.1.d) da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo oitavo. O 14.9.2018, Pablo María Fernández Castro, en representación de Norvento Sasdónigas, S.L., e Marta Fernández Castro, en representación de Norvento, S.L., solicitaron a autorización administrativa para a transmisión da titularidade do parque eólico a favor da primeira.

Décimo noveno. O 18.9.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou sobre as modificacións solicitadas pola promotora, segundo o establecido no artigo 37.1.e) da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Vixésimo. O 19.9.2018 o Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo informou que non existe ningunha afección relevante ao sistema forestal.

Vixésimo primeiro. Mediante a Resolución do 20 de setembro de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, recoñeceu como non substancial a modificación do parque eólico Sasdónigas.

Vixésimo segundo. O 28.9.2018 e o 15.10.2018, a xefatura territorial informou que as modificacións do parque eólico non afectan máis dereitos mineiros dos reflectidos nos informes da xefatura territorial xa emitidos, e que non se alteran as condicións de compatibilidade establecidas no informe da Subdirección Xeral de Recursos Minerais emitido o día 3.11.2016.

Vixésimo terceiro. Mediante a Resolución do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse a transmisión da titularidade do parque eólico Sasdónigas de Norvento, S.L. a favor de Norvento Sasdónigas, S.L.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Sasdónigas, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Segundo. Ratificar a declaración de compatibilidade do parque eólico co dereito mineiro Celia nº 5.724.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Norvento Sasdónigas, S.L.

Domicilio social: rúa Ramón Aller Ulloa, 23, 27003 Lugo.

Denominación: parque eólico Sasdónigas.

Potencia autorizada: 18 MW.

Concellos afectados: Mondoñedo (Lugo).

Produción neta anual estimada: 74.720 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 9.825.505,25 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

626.400,00

4.809.000,00

626.275,19

4.808.786,45

2

628.000,00

4.809.000,00

627.875,20

4.808.786,46

3

629.500,00

4.807.450,00

629.375,21

4.807.236,47

4

631.000,00

4.807.650,00

630.875,22

4.807.436,49

5

631.000,00

4.807.250,00

630.875,22

4.807.036,48

6

629.000,00

4.806.000,00

628.875,22

4.805.786,46

7

627.350,00

4.806.450,00

627.225,21

4.806.236,45

8

627.850,00

4.808.400,00

627.725,20

4.808.186,46

9

626.400,00

4.808.800,00

626.275,19

4.808.586,45

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

S02

628.749,00

4.807.470,00

628.624,21

4.807.256,47

S03

628.892,00

4.807.350,00

628.767,21

4.807.136,47

S04

629.055,00

4.807.292,00

628.930,21

4.807.078,47

S09

630.169,00

4.807.289,00

630.044,22

4.807.075,48

S11

630.549,00

4.807.341,00

630.424,22

4.807.127,48

Coordenadas da torre meteorolóxica:

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

628.800,79

4.807.379,53

628.676,00

4.807.166,00

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 5 aeroxeradores Vestas 126 de 3.600 kW de potencia nominal unitaria, de 87 metros de altura de buxa e 126 metros de diámetro de rotor.

– 5 centros de transformación de ata 4.000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 20/0,65 kV, instalados individualmente no interior de cada aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

– 1 torre meteorolóxica autoportante de 87 metros de altura, equipada con viravento, anemómetro, medidor de temperatura , medidor de presión e logger rexistrador.

– Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación da enerxía producida no parque eólico Sasdónigas, composta por un transformador principal 20/132 kV ONAN/ONAF Ynynd11 de 30/40 MVA de potencia nominal e outro de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal, xunto cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Edificio de control no cal se situarán, entre outros, a sala de celas, as oficinas e o almacén.

– Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal, en canalización enterrada ou entubada, para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre os centros de transformación 0,65/20 kV e subestación transformadora 20/132 kV.

– Camiños ou vías para o acceso aos aeroxeradores, torre meteorolóxica, edificio de control e subestación eléctrica.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016, DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraíz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria