Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación e plan de restauración da explotación Eidos número 2342.2 (PO/C/02342.2) e os seus anexos, situada no termo municipal do Porriño, Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de explotación e plan de restauración da explotación Eidos nº 2342.2 (PO/C/02342.2) e os seus anexos, situada no termo municipal do Porriño, Pontevedra, solicitado pola sociedade David Fernández Grande, S.L.

O que se fai público facendo constar que durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto e anexos se atopan dispoñibles ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00030.html). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 23 de outubro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra