Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50246

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 21 de novembro de 2018 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V).

A Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V), establece na exposición de motivos que os créditos estimados na orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais e nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

No artigo 2.5 da devandita orde establécese que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, ao existir remanentes de crédito que poden ser utilizados para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 31 de maio de 2018, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe total dos créditos destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2018, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial.

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

2018

2019

Inicial

09.41.323A.480.0

2013 00545

2.091.812 €

2.091.812 €

Ampliación

09.41.323A.480.0

2013 00545

1.376.000 €

2.758.000 €

Total

09.41.323A.480.0

2013 00545

3.467.812 €

4.849.812 €

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria