Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50248

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 15 de novembro de 2018 pola que se modifica a autorización do centro de educación especial privado Amicos, de Ribeira (A Coruña).

O centro de educación especial privado Amicos, de Ribeira, solicita a ampliación de 2 unidades (autistas e plurideficientes).

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a ampliación de 2 unidades de educación especial no centro que se relaciona a continuación:

Denominación: centro de educación especial privado Amicos (CEE PR).

Código do centro: 15032674.

Domicilio: Gándara, 33.

Localidade: 15993 Oleiros.

Concello: Ribeira.

Provincia: A Coruña.

Titular: Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica Amicos.

Composición resultante:

3 unidades de educación especial (plurideficientes).

4 unidades de educación especial (autistas).

2 unidades de educación especial (psíquicos).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional