Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50250

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 19 de novembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 7 de xuño de axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Pola Orde do 7 de xuño de 2018 (DOG do 22 de xuño) publicouse a convocatoria de axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Valoradas pola comisión as solicitudes e a documentación presentadas e elevada a proposta definitiva de concesión destas axudas, segundo prevén os puntos oitavo e noveno da orde de convocatoria, e en virtude das atribucións que ten conferidas a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

DISPOÑO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas das cales sexan titulares os concellos que se relacionan no anexo I.A desta orde.

Segundo. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I.B desta orde. Así mesmo, desestimar as solicitudes presentadas polas escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro. O pagamento da subvención realizarase unha vez que o órgano concedente comprobe a xustificación presentada polo/a beneficiario/a da realización da actividade subvencionada. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación desta resolución de concesión.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I.A

Concello

Escola de música

Importe

Abegondo

Escola de Música Municipal de Abegondo

6.315,75 €

Allariz

Escola Municipal de Música de Allariz

4.857,94 €

Ames

Escola de Música Municipal de Ames

6.895,62 €

Arzúa

Escola Municipal de Música de Arzúa

3.180,50 €

Barbadás

Escola Municipal de Música de Barbadás

8.227,08 €

Barco de Valdeorras, O

Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras

3.909,91 €

Brión

Escola de Música Municipal Magariños

7.480,95 €

Cabana de Bergantiños

Escola de Música Municipal de Cabana de Bergantiños

2.772,00 €

Caldas de Reis

Escola Municipal de Música de Caldas de Reis

6.656,05 €

Cambados

Escola Municipal de Música de Cambados

5.531,18 €

Cangas

Escola de Música Municipal Mestre Inocentes Camaño

9.820,99 €

Carballiño, O

Escola de Música do Carballiño

3.924,95 €

Carnota

Escola Municipal de Música de Carnota

5.029,97 €

Catoira

Escola de Música Municipal de Catoira

5.439,08 €

Estrada, A

Escola de Música Municipal da Estrada

3.663,97 €

Foz

Escola de Música de Foz

5.887,14 €

Lousame

Escola de Música Municipal de Lousame

2.971,39 €

Lugo

Escola de Música Municipal de Lugo

19.405,13 €

Maceda

Escola de Música de Maceda

4.580,73 €

Marín

Escola de Música Municipal Mestre Landín Pazos

3.570,68 €

Meira

Escola de Música Municipal de Meira

4.333,99 €

Moaña

Escola de Música Municipal de Moaña

6.718,15 €

Moraña

Escola de Música Municipal de Moraña

2.897,89 €

Muros

Escola de Música Municipal de Muros

3.752,50 €

Oleiros

Escola de Música Municipal A Fábrica

11.482,57 €

Ourense

Escola de Música Municipal de Ourense

11.034,68 €

Pobra de Trives, A

Escola de Música Municipal da Pobra de Trives

2.059,56 €

Ponteareas

Escola de Música Municipal Vila do Corpus de Ponteareas

5.651,70 €

Pontenova, A

Escola de Música Municipal da Pontenova

2.970,48 €

Porriño, O

Escola de Música do Porriño

5.151,01 €

Porto do Son

Escola de Música Municipal de Porto do Son

2.961,91 €

Ribadavia

Escola de Música Municipal de Ribadavia

3.658,34 €

San Cibrao das Viñas

Escola de Música Municipal de San Cibrao das Viñas

3.615,15 €

Sanxenxo

Escola de Música Municipal Lied_em

5.569,48 €

Sarria

Escola de Música Municipal de Sarria

6.833,63 €

Sober

Escola de Música de Sober

4.310,68 €

Valga

Escola de Música de Valga

11.493,56 €

Vigo

Escola Municipal de Música de Vigo

15.954,68 €

Vila de Cruces

Escola de Música Municipal de Vila de Cruces (Artística de Merza)

4.898,77 €

Vilagarcía de Arousa

Escola de Música Bernardo del Río Parada

11.343,28 €

Xove

Escola de Música Municipal de Xove

3.186,98 €

Total

250.000,00 €

ANEXO I.B

Concello

Escola de música

Importe

Celanova

Escola de Música EMBC

10.339,98 €

Mos

Escola de Música de Mos

12.803,70 €

Neves, As

Escola de Música Popular de Rubiós

7.537,64 €

Ponteareas

Escola de Música Privada de Xinzo

11.175,28 €

Rábade

Asociación Músico Crisanto

15.000,00 €

Redondela

Escola de Música de Chapela

8.002,00 €

Rianxo

Escola de Música de Rianxo

12.240,39 €

Rosal, O

Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal

11.830,27 €

Salceda de Caselas

Asociación Amigos da Música

7.546,91 €

Santiso

Escola de Música de Visantoña

5.321,41 €

Teo

Escola de Música Privada de Calo-Teo

8.282,87 €

Vigo

Escola de Música de Valadares

12.681,95 €

Vilaboa

Escola de Música de Vilaboa

6.740,27 €

Xinzo de Limia

Escola de Música da Limia

7.940,56 €

Total

137.443,23 €

ANEXO II

Concello

Escola de música

Causa de denegación

Baños de Molgas

Asociación Cultural Banda de Gaitas de Baños de Molgas

Non contar coa correspondente autorización desta consellería