Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50253

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia para o desenvolvemento do V Campionato de Formación Profesional, Galiciaskills 2018.

De conformidade co artigo 8.1.b) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional á Fundación Semana Verde de Galicia, coas seguintes características:

– Resolución do 20 de novembro de 2018 pola que se encarga á Fundación Semana Verde de Galicia o desenvolvemento do V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018.

– Actividade: apoio nos labores de organización, montaxe, loxística e servizos xerais do V Campionato de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, de conformidade cos requirimentos técnicos que se detallan na devandita resolución, relativos ás obrigas da fundación, ás directrices de execución e ao cronograma das actividades que se van desenvolver.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: a vixencia desta encomenda rematará cando a súa actuación estea totalmente finalizada e debidamente acreditada pola Fundación Semana Verde de Galicia ante a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e, en todo caso, o 30 de novembro, data de finalización do V Campionato de Formación Profesional.

– Orzamento: 185.270,08 euros (IVE incluído do 21 %).

– Financiamento: tramítase con cargo á aplicación orzamentaria 10.50.422M.640.16 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional