Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para 5.984 porcos de ceba en Monte Lodoso, no concello de Friol (Lugo) (clave 2017/0194).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 10 de outubro de 2018, do proxecto de explotación para 5.984 porcos de ceba en Monte Lodoso, no concello de Friol (Lugo) promovido por Unimiño, S.C.G.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático