Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2018 Páx. 50285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación de ceba de polos no lugar de Quintáns, no concello de Santa Comba (A Coruña) (clave 2018/0057).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 5 de outubro de 2018 relativa ao proxecto dunha explotación de ceba de polos, sita no lugar de Quintáns, no concello de Santa Comba (A Coruña).

Esta declaración pódese consultar na ligazón: http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático