Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2018 pola que se aproba inicialmente e se somete a información pública o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número dous do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia, mediante Acordo do 15 de marzo de 2007 (DOG núm. 76, do 19 de abril), aprobou definitivamente o proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia. Esta aprobación levaba implícita a declaración da utilidade pública e interese social das obras, instalacións e servizos previstos, así como a necesidade de ocupación, para os efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución. No proxecto sectorial establécese como sistema de xestión a expropiación forzosa.

Segundo. O Consello da Xunta de Galicia, mediante Acordo do 25 de outubro de 2012 (DOG núm. 221, do 20 de novembro) aprobou definitivamente a modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia. Nesta modificación divídese a totalidade do ámbito en varios polígonos de actuación independentes.

Terceiro. O día 3 de outubro de 2018 Xestión de Solo de Galicia-Xestur, S.A. (en diante, Xestur Galicia, S.A.), que actúa como promotora do citado parque empresarial, entrega no Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) o proxecto de expropiación dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución do polígono número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia-Ourense para a súa tramitación. Previamente, o promotor solicitou ao Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia que expedise as certificacións de dominio e cargas de todas as parcelas incluídas no ámbito desta expropiación.

Na citada expropiación actúa como Administración expropiante o IGVS en beneficio de Xestur Galicia, S.A.

Consideracións legais:

Primeira. O procedemento do expediente expropiatorio para a execución do polígono número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia-Ourense, iníciase en virtude da antedita aprobación definitiva do proxecto sectorial e de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, nos que se establece que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abranguerá todos os bens e dereitos neles incluídos.

Segunda. O IGVS goza de potestade expropiatoria forzosa, en virtude do artigo 4.2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS.

Terceira. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016.

Cuarta. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016; 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015; e 290 e seguintes do Decreto 143/2016.

Quinta. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo coa normativa previamente citada. Este expediente tramitarase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación polo IGVS dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia-Ourense, tendo Xestur Galicia, S.A. a condición de beneficiaria da expropiación.

Sexta. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o órgano competente para asinar a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.2.k) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS.

De conformidade co previsto no artigo 118.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia-Ourense.

Segundo. Someter a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, o citado proxecto de expropiación forzosa, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, darase audiencia ao concello de Xinzo de Limia e notificarase ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda e, para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase no Boletín Oficial del Estado.

Igualmente, o expediente estará exposto polo prazo dun mes á disposición das persoas interesadas no concello de Xinzo de Limia, nas oficinas de Ourense de Xestur Galicia, S.A., sitas na rúa Valente Docasar, nº 2, baixo, e nas oficinas centrais, sitas no polígono das Fontiñas, Área Central, 1º andar, local 25 Z, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas. Durante o antedito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas dirixidas á Área Provincial do IGVS en Ourense, no enderezo rúa Sáenz Díez, nº 1, 32071 Ourense, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Terceiro. Notificar individualmente as valoración ás persoas que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Incorpórase como anexo a relación inicial de bens, dereitos e titulares.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación inicial de bens, dereitos e titulares

Núm. exp.

Núm. parcela polígono 509

Referencia catastral

Titular

Enderezo

Superficie obxecto de expropiación (m2)

Parcela 1

10296

32033A509102960000BJ

Márquez Joga, María Magdalena (100 %)

Lugar Baronzas, núm. 53, Pista, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

5.937

Parcela 2

20296

32033A509202960000BY

Marra Rodríguez, Ermindo (50 %)

Miranda Rivero, Rosa (50 %)

Lugar Formigueiro, núm. 3, pl. 2, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

3.432

Parcela 3

30296

32033A509302960000BK

Márquez Joga, Manuela (100 %)

Lugar Formigueiro, núm. 3, pl. 2, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

10.310

Parcela 4

295

32033A509002950000BL

Ramos Rodríguez, Arturo (14,28 %)

Ramos Rodríguez, José (14,28 %)

Ramos Rodríguez, Manuela (14,28 %)

Ramos Rodríguez, María (14,28 %)

Ramos Rodríguez, Juan (14,28 %)

Ramos Rodríguez, Magdalena (14,28 %)

Ramos Rodríguez, Manuel (14,28 %)

Xinzo de Limia, 32630 Ourense

8.364

Parcela 5

294

32033A509002940000BP

Diz Parada, Irene (16,66 %)

Diz Parada, Rosa (16,66 %)

Diz Parada, Purificación (16,66 %)

Diz Parada, Manuel (16,66 %)

Diz Parada, Leopoldo (16,66 %)

Díez Seguín, José Ramón (16,66 %)

Xinzo de Limia, 32630 Ourense

4.896

Parcela 6

293

32033A509002930000BQ

Limia Sanmartín, Benita (100 %)

Xinzo de Limia, 32630 Ourense

3.238

Parcela 7

292

32033A509002920000BG

Carrera Santana, José (100 %)

Xinzo de Limia, 32630 Ourense

2.335

Parcela 8

291

32033A509002910000BY

Santana Carrera, María (100 %)

Xinzo de Limia, 32630 Ourense

959

Parcela 9

297

32033A509002970000BI

Rodríguez Fuentes, Celso (25 %)

Rúa Lepanto, núm. 34, 2º, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

5.824

Rodríguez Fuentes, José (25 %)

Rúa Silvio Fernández Rodríguez, núm. 5, 4º A, 32002 Ourense

González González, María Flores (25 %)

Rúa Silvio Fernández Rodríguez, núm. 5, 4º A, 32002 Ourense

Díaz Sueiro, Rosa (25 %)

Rúa Lepanto, núm. 34, 2º, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

Parcela 10

289

32033A509002890000BG

Riveiro Dacal, Rafael (100 %)

Rúa Santa Maria, núm. 51, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

12.333

Parcela 11

290

32033A509002890000BG

Riveiro Dacal, Manuel (100 %)

Rúa Santa Mariña, núm. 34, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

12.339

Parcela 12

282

32033A509002820000BZ

Gómez Martínez, Julio (100 %)

Rúa Galicia, núm. 46, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

23.330

Parcela 13

281

32033A509002810000BS

Gómez Dacal, María Teresa (33,32 %)

Rúa Serra de Queixa, núm. 7, 2º, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

18.657

Gómez Dacal, Leoncio (16,66 %)

Rúa Serra de Queixa, núm. 27, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

Gómez Dacal, María Dolores (16,66 %)

Rúa Serra de Queixa, núm. 27, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

Gómez Dacal, Modesto (16,66 %)

Rúa da Sé, núm. 10, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

Gómez Dacal, Antonio (16,66 %)

Rúa Serra de Queixa, núm. 7, 1º, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

Parcela 14

1338

32033A509013380000BX

Martínez Fidalgo, Manuel Ángel (100 %)

Rúa Emilia Pardo Bazán, núm. 35, Xinzo de Limia, 32630 Ourense

3.329

Parcela 15

278

32033A509002780000BS

Iglesias Couceiro, Manuel (50 %)

Cid Santas, Rosa (50 %)

Lugar de Meilas, Sarraus, 32631 Ourense

302