Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50387

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (PO 192/2016).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Ortigueira, dezaoito de setembro de dous mil dezasete.

Vistos por min, Diana Vales Lagoa, xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrución único de Ortigueira, os presentes autos de xuízo ordinario rexistrados co número 192/2016 nos que interviñeron: como demandante Inycia Ingenieros, S.L., asistida da letrada Inés Díaz Varela e representada pola procuradora Yolanda Borrás Vigo, e como demandada Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, S.L., declarada en rebeldía procesual, tendo por obxecto unha reclamación de cantidade...

Decido:

Estimo totalmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Yolanda Borrás Vigo, en nome e representación de Inycia Ingenieros, S.L., e debo condenar e condeno a Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, S.L. a aboar a Inycia Ingenieros, S.L. a contía de 12.954,26 euros, máis os xuros legais da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais desde a data de emisión da factura nº 02/16, 22 de xaneiro de 2016, ata o seu completo pagamento. Con imposición de custas á demandada...

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ortigueira, 6 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza