Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50386

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2784/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2784/2016 desta sección, seguido por instancia de UTE Cerdedelo-Prado II contra Fogasa, Transportes Arias, S.A., Borja González Rodríguez, administración concursal de Transportes Arias (Pablo Fernández Rodríguez), sobre reclamación de cantidade, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou, con data do 27 de setembro de 2018, a seguinte resolución:

«Resolvo: por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Javier Egocheaga Laiz, en nome e representación de UTE Cerdedelo-Prado II, contra a Sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 31 de xaneiro de 2017, ditada no recurso de suplicación 2784/2016, con imposición das custas á recorrente, así como a perda do depósito constituído para recorrer, dando ás consignacións o destino que legalmente proceda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Arias, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza