Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50360

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional

ANEXO

Título do convenio

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para actuacións en materia de normalización lingüística.

3.5.2018

6.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Silva de Sons para a realización do ciclo Espazos Sonoros 2018.

3.5.2018

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

7.5.2018

1.000,00 €

Addenda ao Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria para a coordinación das ofertas de formación profesional nos centros que impartan ensinanzas de formación profesional da nosa Comunidade Autónoma.

7.5.2018

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Asistencial TDAH Salnés.

7.5.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para promover e potenciar o galego a través da Revista Dorna.

7.5.2018

2.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G., sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

10.5.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Padroado do Museo do Pobo Galego para o financiamento durante o ano 2018 de parte dos seus gastos correntes, das actividades culturais e outros gastos de capital.

11.5.2018

297.800,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Carpintería Ramón García, S.L, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

14.5.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Aluminios Cortizo, S.A.U., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

14.5.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Beariz para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal dependente deste.

14.5.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América para o programa de becas Xunta de Galicia-Fulbright.

15.5.2018

116.160,00 €

Acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia e Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A.

16.5.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Mondoñedo para a concreción da habilitación legal contida no artigo 65 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

16.5.2018

0,00 €

Sétima addenda ao Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a realización do practicum do máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

21.5.2018

0,00 €

Sétima addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) para a realización de prácticas do máster universitario en formación do Profesorado de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

21.5.2018

0,00 €

Sétima addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización do practicum do máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

21.5.2018

0,00 €

Sétima addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do practicum do máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

21.5.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a musealización da casa de Álvaro Cunqueiro.

21.5.2018

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o concello de Valga para o proxecto de ampliación da colección visitable, Museo da Historia de Valga.

21.5.2018

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) para impulsar programas de posicionamento e captación de proxectos europeos para o Sistema universitario galego.

23.5.2018

2.950.828,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Compañía Gas Natural, S.D.G, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

24.5.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

24.5.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Paradores de Turismo de España, S.M.E, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

25.5.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XVI edición do Premio de Poesía Afundación.

25.5.2018

6.500,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

28.5.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, para a constitución dun Consorcio Interuniversitario do Sistema universitario de Galicia (Cisug).

28.5.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca (Anfaco-Cecopesca) e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

28.5.2018

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editoras (AGE), para a asistencia e participación nas feiras internacionais do libro, realización de actividades de promoción e consolidación do sector do libro e mantemento da asociación, 2018.

28.5.2018

18.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Fundación para la Promoción de la Innovacion, Investigación y el Desarrollo Tecnológico en la Industria de Automoción, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

29.5.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Windar offshore, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

29.5.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello de Mondoñedo e a empresa Energías Renovables Operación & Mantenimiento, S.L. Unipersonal, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

1.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Provincial de Empresarios de la Primera Transformación de la Madera de Lugo e varias empresas para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

4.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Puerto de Celeiro, S.A. Organización de Productores 77 e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

6.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Maderas Besteiro, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

6.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Televés, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

6.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Citadel, S.L.U., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

6.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Roomleader, S.L. e IGM Web, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

6.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Hotusa Hotel, S.A e Restel, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

6.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Eurostars Hotel Company, S.L.U., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

6.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Navantia, S.A., S.M.E., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

6.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as empresas Pipeworks, S.L., Nodosa, S.L. e Urkira OX, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

7.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

7.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

7.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as empresas Lonza Biologics Porriño, S.L. e CZ Veterinaria, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

7.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Grupo Cándido Hermida, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

7.6.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello da Coruña para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2018.

7.6.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento de novas accións de I+D+i.

8.6.2018

1.709.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, para o funcionamento do centro Rafael Puga Ramón durante o curso escolar 2018/19.

8.6.2018

490.096,50 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, para o funcionamento do centro de formación profesional Calvo Sotelo durante o curso escolar 2018/19.

8.6.2018

106.925,61 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Malasa Grupo, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

11.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Benteler Automotive Vigo, S.L, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

11.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, en materia de formación profesional dual.

11.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Media Markt Saturn Administración España, S.A.U. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

12.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

12.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, en materia de formación profesional dual.

13.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Indra Sistemas, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

13.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade mercantil Faragulla Empresarial, S.L., en materia de formación profesional dual.

13.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Volkswagen Group España Distribución, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

13.6.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e as dioceses da Comunidade Autónoma de Galicia para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica.

13.6.2018

120.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, en materia de formación profesional dual.

15.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a sociedade Inversiones Hosteleras de Galicia, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

15.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Provincial de Empresarios Fabricantes de Pan de la Coruña, sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

18.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais e superiores de música.

19.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Nodosafer, S.L., en materia de formación profesional dual.

20.6.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos para desenvolver un programa de actuacións para difundir, estudar e preservar a obra de Manuel María.

20.6.2018

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón para a realización de actuacións de normalización lingüística.

20.6.2018

4.500,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Metalúrgica del Deza, S.A, en materia de formación profesional dual.

22.6.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Dodro para o acondicionamento do local social de Imo.

22.6.2018

40.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Celta Motor, S.L., en materia de formación profesional dual.

25.6.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Cenlle para a reforma interior e de cuberta de edificio municipal de Cenlle.

26.6.2018

44.000,00 €

Convenio de colaboración para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación no 2018 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U.

27.6.2018

125.000,00 €

Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento de novas accións de I+D+i.

28.6.2018

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística.

28.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil polo que se instrumenta a entrega dunha subvención para a creación de dúas bolsas de formación para alumnado do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel.

29.6.2018

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, en materia de formación profesional dual.

29.6.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Sete Pontes para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Sete Pontes para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Círculo de Empresarios de Galicia para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Comarcal de Empresarios de Arousa para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios de Ribeira para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Asociación de Empresarios Seara para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios de Ribeira para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Círculo de Empresarios de Galicia para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Comarcal de Empresarios de Arousa para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Asociación de Empresarios Seara para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao das Viñas (Ourense) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

4.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Paco Lareo. A Solaina de Piloño para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega.

4.7.2018

4.000,00 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o financiamento de Agrupacións Estratéxicas de Investigación.

4.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para o desenvolvemento das XXXV Xornadas de Folklore 2018 na provincia de Ourense.

5.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento das axudas Juan de la Cierva (convocatoria Mineco 2016).

5.7.2018

13.500.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Repsol para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

9.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Marín para a remodelación do espazo interior e o equipamento da Biblioteca Municipal de Marín.

16.7.2018

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Manzaneda para a xestión do servizo de comedor escolar do CEIP de Manzaneda no Concello de Manzaneda.

17.7.2018

23.140,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ponteareas para a xestión do servizo de comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey no Concello de Ponteareas.

17.7.2018

67.640,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Portas para o reacondicionamento da antiga azucreira de Portas.

17.7.2018

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica na Cova Eirós (Triacastela).

18.7.2018

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Oroso para a xestión do servizo de comedor escolar do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés no Concello de Oroso.

19.7.2018

53.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para rehabilitar a antiga escola de Parada e transformala nun centro sociocultural.

19.7.2018

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario para o financiamento de gastos correntes e de capital destinados á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural.

20.7.2018

40.000,00 €

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatoria MEC 2016).

23.7.2018

45.000.000,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia).

26.7.2018

0,00 €

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) para o establecemento de medidas encamiñadas a atención das persoas con discapacidade visual.

30.7.2018

218.048,06 €

Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento de accións de I+D+i.

31.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para potenciar grupos de investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

31.7.2018

1.500.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o concello de A Pobra do Brollón para a realización dunha actuación arqueolóxica para a recuperación patrimonial do Castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón, Lugo).

31.7.2018

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a realización de varias actuacións na igrexa e mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos (Ourense).

1.8.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a diocese de Tui-Vigo para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

3.8.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a diocese de Santiago de Compostela para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

3.8.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de nova accións de I+D+i.

7.8.2018

2.816.312,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Internacional de Estudos Galegos (Aieg) para actuacións en materia de dinamización lingüística e de fomento da cultura galega.

20.8.2018

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello do Barco de Valdeorras, para a realización das obras comprendidas no proxecto Peches laterais, soportal e dotación de aseos en pista deportiva cuberta no CEIP Julio Gurriarán.

22.8.2018

291.424,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Sanxenxo para a construción dun novo CEIP no Revel-Vilalonga.

22.8.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello do Grove para a montaxe e instalación provisional de módulos prefabricados para comedor escolar no CEIP Rosalía de Castro.

30.8.2018

36.636,30 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Vilanova de Arousa para a realización dunha escavación e consolidación arqueolóxica no castro e mosteiro de Cálago (Vilanova de Arousa, Pontevedra).

31.8.2018

30.000,00 €