Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1176/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1176/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Regueiro Iglesias contra Servicios Viales Rodiñal, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luis Regueiro Iglesias contra a entidade Servicios Viales Rodiñal, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Segur Ibérica, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.060,46 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en marzo de 2017, e compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Viales Rodiñal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza