Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 65/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario con número 65/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Álvarez Gómez contra a entidade Latinos Bares Vilalba, S.L. sobre cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Letrado da Administración de xustiza, Rafael González Alió.

En Lugo, vinte e tres de xaneiro de dous mil dezaoito.

Por recibidos os anteriores escritos e documental, únanse aos autos da súa razón, e acordo:

Dar traslado ás partes e indicarlles que no prazo de tres días, poden examinar os autos neste Xulgado do Social número 1 para coñecer o seu contido e alegar por escrito canto estimen oportuno acerca do seu alcance ou importancia.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Latinos Bares Vilalba, S.L. (CIF B27407543), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Lugo, 8 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza