Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 226/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 226/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Túñez Nieto contra a empresa Prosenorsa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Carlos Túñez Nieto contra Prosenorsa, S.L. e contra Insolvency Legal, debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 454,12 euros polos conceptos sinalados no feito probado quinto desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación, o 12.8.2013, ata a presente resolución, e o xuro do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e debo condenar e condeno a Insolvency Legal, na súa soa condición de administrador concursal de Prosenorsa, S.L., a se ater á dita condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia; deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (art. 191.2 da LRXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Prosenorsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza