Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 192/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Paula Crego Míguez contra Obradoiro de Socioloxía, S.L., acordouse notificar parte dispositiva do decreto de data 4 de xullo de 2018 ditado no procedemento de execución de títulos xudiciais 192/2017 a Obradoiro de Socioloxía, S.L., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva.

Acordo:

Ter por desistida á parte demandante da súa demanda fronte a Obradoiro de Socioloxía, S.L. e acordar o sobresemento das presentes actuacións respecto unicamente á dita codemandada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados.

Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpoñer recurso directo de reposición ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá facer un depósito para a impugnación de 25 euros na conta número 00301846420005001274 do Banco de Santander e indicar no campo concepto a indicación “recurso” seguida do código “31 social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código 31 “social-revisión”.

Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificacion a Obradoiro de Socioloxía, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza