Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 552/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 552/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos González Moure contra Innovis Farma, S.L., Innovis Laboratorios, S.L.U., Novocat Farma, S.A. e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Juan Carlos González Moure, contra as entidades Novocat Farma, S.A., Innovis Farma, S.L., Innovis Laboratorios, S.L.U. e Fogasa, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade e en consecuencia:

– Debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes a data da presente resolución.

– Debo condenar solidariamente as empresas demandadas a estar e pasar pola anterior declaración e a aboar ao demandante unha indemnización de 10.754,57 euros.

– Debo condenar, así mesmo, solidariamente as empresas demandadas a aboar ao demandante a cantidade de 9.837,71 euros/netos como cantidades debidas, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

– Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do Réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596 clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social de suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de Depósitos e Consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Innovis Farma, S.L. e Innovis Laboratorios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza