Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (despedimento 1001/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1001/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Omar Antonio Márquez Castillo contra Comedores de Obra Móviles, S.L., Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 1001/2017.

Demandante: Omar Antonio Márquez Castillo.

Demandada: Comedores de Obra Móviles, S.L.

Sentenza número 428/2018.

A Coruña, 6 de novembro de 2018.

Decido:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Omar Antonio Márquez Castillo fronte a Comedores de Obra Móviles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno á demandada a que readmita inmediatamente ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con abono da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con abono, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A dita opción deberá exercerse en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se opte, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación a aboar, solidariamente, polas empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización e, de optar a empresa por ela, a cantidade de 1.195 euros.

– En concepto de salarios de trámitación, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 39,50 euros/día.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

A anterior sentenza foi lida e publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Comedores de Obra Móviles, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza