Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50545

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1045/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1045/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Edelmiro Pita Martínez contra Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., o Fogasa, Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., administración concursal de Ediciones Lenda, administración concursal de Compañía Inmobiliaria Carballal, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1045/2017.

Demandante: José Edelmiro Pita Martínez.

Letrado: Sra. Leobalde Estapa.

Demandado:

– Ediciones Lenda, S.L. e administración concursal desta.

– Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e administración concursal desta.

Letrado:

– Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L.

Letrado: Sr. Díaz Delgado.

– Nivardo López Canoura.

Letrado: Sr. Andión Cerdeiriña.

Fogasa.

Sentenza número 429/18.

A Coruña, 6 de novembro de 2018.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Edelmiro Pita Martínez fronte á empresa Ediciones Lenda, S.L. e Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena das empresas indicadas ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que teñen que aboar polas empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 18.615,52 euros.

3º. Teño por desistido o demandante da pretensión dirixida fronte a Grupo Empresas Reunidas Lenda, S.L. e fronte a Nivardo López Canoura.

4º. O Fogasa e as administracións concursais das condenadas deberán pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinado. Javier López Cotelo.

Lida e publicada foi a anterior sentenza no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza