Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50508

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 16 de novembro de 2018 pola que se modifica a autorización do centro privado Plurilingüe Landro-Viveiro, de Viveiro.

O centro privado plurilingüe Landro-Viveiro, de Viveiro, solicita o cambio da súa denominación específica.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar o cambio da denominación específica, quedando o centro configurado como se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Landro.

Código do centro: 27013624.

Domicilio: rúa Nicolás Cora, 60.

Localidade: Viveiro.

Concello: 27850 Viveiro.

Provincia: Lugo.

Titular: Sociedad Cooperativa Limitada Colegio Landro.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional