Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50532

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (158/2017).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: xuíz López Fernández.

Lugar: A Estrada.

Data: 30 de xullo de 2018.

Demandante: José Ca García.

Avogado: José Cao García.

Procuradora: Cayetana Marín Couceiro.

Demandado: UTE Figueirido.

Procedemento: xuízo verbal 158/2017.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia Sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal seguidos co número 158/2017 por instancia da procuradora dos tribunais Sra. Marín Couceiro, en nome e representación de José Cao García, que asumiu a súa propia asistencia técnica, fronte á entidade UTE Figueirido, que foi declarada en situación de rebeldía procesual.

Parte dispositiva.

Debo estimar e estimo integramente a demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Marín Couceiro, en nome e representación de José Cao García fronte á entidade UTE Figueirido, que foi declarada en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, condeno a entidade UTE Figueirido a pagar a José Cao García a cantidade de tres mil cen euros (3.100 €), xunto cos xuros na forma descrita no fundamento xurídico cuarto desta resolución.

Estimándose integramente a pretensión demandante, a demandada deberá aboar as custas do proceso.

Esta resolución é susceptible de recurso de apelación en ambos os dous efectos ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo dos vinte (20) días seguintes contados desde a súa notificación. Para a interposición do recurso, deberase acreditar no momento de prepararse o recurso, a consignación do depósito legalmente previsto, na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, así como o cumprimento do resto de requisitos legalmente exixidos, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Notifíquese a presente resolución ás partes, incorporándose a orixinal ao libro de sentenzas, con dedución de testemuño que se unirá ás presentes actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de UTE Figueirido, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 22 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza