Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (25/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 25/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de non procede contra a empresa Compañía de Proteccion y Vigilancia Galicia, S.A., e coa intervención de Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se achegan:

«Sentenza.

A Coruña, 7 de novembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número PO 25/2016 sendo parte neste, dun lado como demandantes Aaron Campos Fernández; Elena Iciar Marín Rodríguez; Juan Alberto López López e Diego Lamas Varela representados polo letrado José Daniel Pérez López en virtude de apud acta que consta nas actuacións, e como demandado Compañía de Protección y Viglancia Galicia, S.A., que non comparece malia estar citado en legal forma, e coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do Rei, a seguinte sentenza

«Resolvo.

Que, admitindo a demanda interposta polos demandantes Aaron Campos Fernández, Juan Alberto López López; Elena Iciar Marín Rodríguez e Diego Lamas Varela, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., a que aboe 3.130,51 euros a favor do Sr. Campos, 3.130,51 euros a favor do Sr. López, 3.130,51 euros a favor da Sra. Marín e 2.644,27 euros a favor do Sr. Lamas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza