Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (628/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 628/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Lamela Méndez contra a empresa 34 E-Comerce, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.

A Coruña, 27 de setembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 628/2016 sendo parte neste, dun lado como demandante María Belén Lamela Méndez, asistida polo letrado Vicente José Gómez Loureda, e como demandado 34 E-Comerce, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do Rei, a seguinte sentenza

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo/a demandante María Belén Lamela Méndez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa 34 E-Comerce, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 1.786,45 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuros por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a 34 E-Comerce, S.L., expido el presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza